Estás en:Novas

A Deputación da Coruña trae este sábado ao Teatro Colón o documental “A viaxe de Carla”

A protagonista, Carla Antonelli, estará presente no acto e participará nunha mesa redonda ao fin da proxección

A Deputación da Coruña trae este sábado ao Teatro Colón o documental “A viaxe de Carla”

O documental "El viaje de Carla" proxectarase este sábado, 19 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Teatro Colón durante un acto organizado pola Deputación da Coruña que contará coa presenza da activista pola igualdade e deputada na Asamblea de Madrid, Carla Antonelli, protagonista do filme. A entrada será libre até completar o aforo.

O filme, dirixido por Fernando Olmeda, foi gañador do premio ao Mellor Documental nacional e internacional e Premio á mellor obra española en Lesgaicinemad 2014 e narra a vida de Carla Antonelli, un dos referentes do movemento LGTBI en España.

Víctor Caramés, do movemento LGTBI coruñés, agradeceu o apoio da Deputación da Coruña para organizar este acto no Teatro Colón. Explicou tamén que o documental xira arredor da vida de Carla Antonelli e a viaxe que fai desde a súa Canarias natal para "poder vivir como ela quere, para fuxir das trabas" e anunciou tamén que a propia protagonista participará nun debate que se desenvolverá despois da proxección do filme.

Páxinas suxeridas