Estás en:Novas

Antonio Leira asume a área de Deportes e Mocidade da Deputación da Coruña

O novo responsable de Deportes destaca "o importante papel" da Deputación na promoción do deporte na provincia, dende as categorías de base aos grandes eventos deportivos

Antonio Leira asume a área de Deportes e Mocidade da Deputación da Coruña

O deputado provincial do Grupo Socialista Antonio Leira Piñeiro asume dende hoxe a xestión das áreas de Deportes e Mocidade da Deputación da Coruña tras a renuncia ao escano provincial do deputado José García Liñares.

Leira Piñeiro acumula temporalmente esta delegación ás de Economía e Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior que viña desenvolvendo ata o momento no Goberno provincial.

Antonio Leira gabou a "experiencia" e o "excelente traballo" realizado ata o momento por García Liñares á fronte da área de Deportes da institución provincial e propúxose como reto de futuro "seguir facendo que a Deputación estea presente na promoción do deporte en todos os seus ámbitos: dende as categorías de base aos grandes eventos deportivos".

O novo responsable provincial de Deportes destacou o "importante papel que xoga a Deputación" na promoción do deporte creando bolsas para apoiar aos novos talentos do deportes coruñés, apoiando o funcionamento de centos de clubs nos que se forman as novas xeración de deportistas de todas as disciplinas, financiando infraestruturas, equipamentos e actividades deportivas nos concellos, subvencionando a contratación de técnicos deportivos que dinamizan a práctica do deporte nos municipios ou impulsando a celebración de grandes eventos deportivos coma a Copa do Rey de Baloncesto ou a Volta Ciclista a España na provincia.

O deputado está a traballar xa na Campaña de Esquí, que dará comezo este venres 25 e que levará a 500 nenos e nenas da provincia a iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense).

Páxinas suxeridas