Estás en:Novas

O Festival Internacional "Cidade de Cristal" ofrece cinco días de música de pulso e púa en doce concellos da Coruña

O Festival Internacional de Música de Pulso e Púa “Cidade de Cristal”, organizado pola Agrupación Musical Albéniz co patrocinio da Deputación da Coruña, ofrece dos días 7 a 11 de outubro un completo programa de concertos que se estende por trece concellos da provincia.

O Festival Internacional de Música de Pulso e Púa “Cidade de Cristal”, organizado pola Agrupación Musical Albéniz co patrocinio da Deputación da Coruña, ofrece dos días 7 a 11 de outubro un completo programa de concertos que se estende por trece concellos da provincia.

Dos días 7 a 11 de outubro, o XXVI Festival Internacional de Música de Pulso e Púa, “Cidade de Cristal” desenvolverase nos concellos da Coruña, Culleredo, Negreira, Betanzos, Cambre, Cee, Ferrol, Noia, Oleiros, Arzúa, Bergondo, Padrón e Sada.

O Festival que, como cada ano, organiza a Agrupación Musical Albéniz, ofrece a posibilidade de viaxar a través da música por distintas culturas do mundo con agrupacións musicais que proceden de Colombia, Italia, Finlandia, Portugal ou da Rioja.

Ademais do programa de concertos abertos ao público, os grupos participantes realizarán iniciativas didácticas para colexios, institutos e conservatorios  e esta nova edición incluirá clases maxistrais a cargo da virtuosa Irinan Kazimirskaia.

A programación iniciarase o mércores día 7 de outubro con concertos didácticos na Coruña a cargo da agrupación italiana Ligurian Plucked Trío de Savona, Hermanos Quintero Trío de Bucaramanga de Colombia e Ensamble Mamo & Jouni Koskimäkï de Jyváskylä de Finlandia. As actividades desenvolveranse no Instituto Salvador de Madariaga, o Colexio Montespiño da Zapateira e o Instituto Adormideras.

 Clausura o 11 de outubro

Ensamble Mamo & Jouni Koskimäkï de Jyváskylä de Finlandia darán ese mesmo mércores un concerto no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música ás 19:00 horas. Media hora iniciarase a actuación de Ligurian Plucked Trío de Savonia no Palacio da Capitanía e ás 20:00 Hermanos Quintero Trío de Bucaramanga actuarán no Sporting Club-Casino da Coruña. Completarase así a primeira das cinco xornadas que rematarán o domingo día 11 de outubro co acto de clausura que consistirá nun concerto no Teatro Rosalía de Castro ás 19:00 horas a cargo de todas as agrupacións que participan no programa. A entrada dos concertos será libre. 

Ligurian Plucked Trio de Savona, Hermanos Quintero Trío de Bucaramanga de Colombia, Ensamble Mamo & Jouni Koskimäkï de Jyváskylä de Finlandia, Trovadores Riojanos de Guitarra, Pçua e Voz de Logroño, Grupo de fado 1111 de Guimarães, Ensamble Mamo & Jouni Koskiäkï de Jyváskylä de Finlandia, a Tuna do distrito Universitario de Porto e a Agrupación Musical Albéniz da Coruña actuarán no concerto final que clausurará o XXVI Festival Internacional de Música de Pulso e Púa “Cidade de Cristal”.

A Agrupación Musical Albéniz leva case oitenta e sete anos de traxectoria no traballo pola difusión da cultura musical e, en especial dos instrumentos de pulso e púa.

O programa completo pódese consultar na páxina web da Agrupación Musical Albéniz http://www.agrupacionmusicalalbeniz.com/index.php

Páxinas suxeridas