Estás en:Novas

A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

Un total de 94 clubs coruñeses que participan en competicións do máis alto nivel en todas as especialidades deportivas reciben apoio económico da Deputación

A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

A Deputación da Coruña destina 1.013.208,48 euros a apoiar aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

A resolución provisional deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada o pasado venres no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 94 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hóquei, ximnasia, judo, taekwondo...) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel.

A media das axudas supera os 10.000 € por equipo. As subvencións oscilan entre os 150.000 € que recibe o Hockey Club Liceo ou os 125.000 do Club Básquet Coruña, clubs con maior número de socios, até os 1.817 € que percibirá o Club de Pesca do Barbanza, os 1.972 € do Judo Club Cambre ou os 2.204 € da Agrupación Deportiva de Tenis de Mesa de Zas.

O deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, Antonio Leira, destacou a "importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés".

Listaxe das subvencións concedidas provisionalmente no BOP

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/02/01/2019_0000000740.html

 

 

 

Páxinas suxeridas