Estás en:Novas

A Deputación leva a Ferrol a exposición de caricaturas de Siro López sobre os 40 anos da Constitución

Valentín González Formoso e Siro López inauguraron a mostra no Centro Torrente Ballester, onde permanecerá aberta ao público ata o 24 de febreiro


A través de 117 caricaturas, Siro lembra algúns dos episodios máis destacables da Transición española, dende a morte de Franco ata a vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982

A Deputación leva a Ferrol a exposición de caricaturas de Siro López sobre os 40 anos da Constitución

A Deputación da Coruña súmase ás conmemoracións do 40 aniversario da Constitución coa organización dunha exposición de caricaturas nas que o artista ferrolán Siro López recolle a súa particular visión acerca dalgúns dos episodios máis destacables da Transición española, dende a morte de Franco ata a vitoria do Partido Socialista nas eleccións xerais de 1982.

A mostra, composta por 117 debuxos acompañados de textos explicativos do contexto histórico de cada un deles, ten entre os seus protagonistas ao Rey Juan Carlos, Adolfo Suárez, Calvo Sotelo, Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou Francisco Vázquez.

A exposición foi inaugurada esta tarde no Centro Cultural Torrente Ballester da cidade de Ferrol polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o propio artista, Siro López.

A mostra, que permanecerá aberta ao público ata o 24 de febreiro, é a última etapa dunha itinerancia provincial que xa a levou á Coruña, Cee, Ribeira, e Carballo.

Páxinas suxeridas