Estás en:Novas

A Deputación apoiará a función interventora nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes

Valentín González Formoso, e o presidente do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL), José Antonio Rueda, asinaron esta mañá un convenio de colaboración

A Deputación apoiará a función interventora nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL), José Antonio Rueda, asinaron esta mañá un convenio de colaboración.

O convenio ten como finalidade o establecemento dun marco estable de colaboración entre a Deputación e COSITAL Coruña en materia de xestión de colaboración e asistencia por parte do Servizo de Asistencia Técnica aos Municpios (SATM) da Deputación aos municipios da provincia coruñesa con poboación inferior a 20.000 habitantes para a realización de funcións de intervención material na comprobación dos investimentos cando por parte do órgano interventor solicite a devandita asistencia como consecuencia da necesidade de coñecementos técnicos específicos para a súa realización.

A Deputación comprométese á prestación do servizo de colaboración e asesoramento aos órganos interventores na execución das funcións de intervención da comprobación material dos investimentos por parte dos órganos de intervención cando o investimento suxeito á comprobación material sexa igual ou superior a 50.000 euros, con exclusión do IVE.

COSITAL coadxuvará na difusión deste servizo de asesoramento entre os funcionarios de habilitación nacional do seu ámbito territorial, colaborando de forma permanente, tanto coa propia Deputación como cos seus colexiados, na formalización e programación das actuacións que se soliciten e asumindo os labores de intermediación para a efectiva realización dos obxectivos do convenio.

Os concellos poderán solicitar á asistencia da Deputación para cuestións como a formalización de acta de comprobación da implantación dunha obra incluída nun plan/convenio de colaboración coa Deputación da Coruña; a formalización da acta de recepción dunha obra ou subministración incluída ou non nun plan/convenio de colaboración co Deputación; pertenza á Mesa de Contratación dunha obra, servizo ou subministración ou pertenza a un Comité Técnico de avaliación de ofertas dunha obra, servizo ou subministración.

A vixencia será de un ano prorrogable a un máximo de catro. O convenio non contempla ningún tipo de contraprestación económica.