Estás en:Novas

Cen escolares das comarcas Ferrolterra e Ortegal participaron na Campaña de Esquí da Deputación

Nenos e nenas de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño aprenderon a esquiar en Cabeza de Manzaneda

Cen escolares das comarcas Ferrolterra e Ortegal participaron na Campaña de Esquí  da Deputación

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño participaron en Cabeza de Manzaneda (Ourense) na terceira expedición á neve da Campaña de Esquí 2019, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Durante esta fin de semana, os escolares destes concellos coruñeses tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

500 nenos da provincia aprenden a esquiar coa Deputación

O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Antonio Leira, subliñou a "gran aceptación" coa que conta cada ano este programa, que ata mediados de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses.

"O obxectivo é promocionar a práctica do deporte e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia entre os rapaces", sinalou o deputado, que lembrou que a próxima expedición partirá o o 15 de febreiro con 100 rapaces de concellos das comarcas de Ferrolterra e As Mariñas.

Máis fotos da Campaña de Inverno en:

https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui/fotos-da-campana-inverno-2019/

 

Páxinas suxeridas