Estás en:Novas

Cen escolares das comarcas das Mariñas e Ferrol participaron na Campaña de Esquí da Deputación

Nenos e nenas de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar aprenderon a esquiar en Cabeza de Manzaneda

Cen escolares das comarcas das Mariñas e Ferrol participaron na Campaña de Esquí  da Deputación

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar participaron en Cabeza de Manzaneda (Ourense) na cuarta expedición á neve da Campaña de Esquí 2019, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Durante a pasada fin de semana, os escolares destes concellos coruñeses tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

500 nenos da provincia aprenden a esquiar coa Deputación

O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Antonio Leira, subliñou a "gran aceptación" coa que conta cada ano este programa, que ata mediados de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses.

"O obxectivo é promocionar a práctica do deporte e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia entre os rapaces", sinalou o deputado, que lembrou que a última expedición partirá o o 22 de febreiro con 100 rapaces de concellos das comarcas de Barbanza e Costa da Morte.

Na páxina web da Deputación estarán dispoñibles nas vindeiras horas as fotos dos grupos de nenos/as por municipios (4ª quenda)

https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui

Páxinas suxeridas