Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación alcanza os 91,5 millóns de euros de orzamento en 2019

O pleno da Deputación aprobou hoxe un expediente modificativo de créditos para incorporar 30 millóns de euros adicionais ao POS+2019, que alcanza un orzamento 91,5 millóns de euros

González Formoso destaca "o investimento histórico" do Plan, que dende a súa creación leva inxectados 273,5 millóns nos concellos da provincia

As achegas do POS+ supuxeron duplicar os investimentos da Deputación nos concellos da provincia

O Plan Único da Deputación alcanza os 91,5 millóns de euros de orzamento en 2019

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña investirá 91,5 millóns de euros nos concellos da provincia no ano 2019. Unha cifra moi importante, pois supón destinar practicamente o 50% do orzamento anual da Deputación, que este ascende a 183,6 millóns de euros, a investimentos e mantemento de servizos públicos esenciais nos concellos coruñeses.

O pleno da Deputación aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, un expediente de modificación de créditos que incorpora 30 millóns adicionais aos 61,5 millóns de euros de orzamento inicial do POS+ deste ano, chegando así aos 91,5 millóns no presente ano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que "dende a súa creación en 2017, o Plan Único supuxo un revulsivo para a economía e as infraestruturas da provincia da Coruña", pois leva inxectados 273,5 millóns de euros nos concellos da provincia (90M€ en 2017, 92M€ en 2018 e 91,5M€ en 2019), "unha cifra récord que coloca á Deputación da Coruña como unha das que mais recursos destina a investimentos baseándose en criterios obxectivos e permitindo que sexan os propios municipios os que decidan a finalidade dos fondos".

Trátase dun "investimento histórico, o maior orzamento contemplado nun plan na historia da Deputación", segundo apuntou o presidente da institución provincial, que destacou que o Plan Único supón, con diferencia, "o maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España".

"A incorporación destes trinta millóns demostra que é o Plan Único é un instrumento moi válido, dinámico, que transfire aos concellos unha cantidade inxente de recursos,polo que estamos ante unha excelente noticia para os concellos da provincia", apuntou o deputado responsable da área de Plans, Xosé Regueira.

O goberno provincial cumpre así o seu compromiso de destinar os remanentes a ampliar o orzamento do Plan Único, facendo que os concellos coruñeses reciban da Deputación o maior investimento por concello das catro provincias galegas e practicamente o dobre de fondos que no mandato anterior.

A incorporación dos remanentes ao orzamento do Plan Único realizase de forma automática, polo que o programa non esixe tramitar unha nova convocatoria, como se facía antes, nin aprobar novas bases ou levar os novos proxectos ao pleno. Isto permitirá que os fondos cheguen con gran rapidez aos concellos, que xa teñen solicitado proxectos para ser financiados coa consignación destes fondos adicionais.

Duplicar o investimento

O Plan Único supuxo duplicar durante este mandato os fondos que a Deputación distribúe aos concellos baseándose en criterios obxectivos (poboación, superficie, número de habitantes, esforzo fiscal...) e que se estinan a financiar obras e servizos de competencia municipal, tal como se aprecia na seguinte táboa, que detalla o importe e número de subvencións de gasto autorizado dirixido e coordinado dende o servizo provincial de Plans:

 PLANS PROVINCIAIS.jpg

Fonte: Informe de Intervención sobre a acción de fomento da Deputación da Coruña 2012-2018

Asemade, durante este mandato reducíronse nun 70% as subvencións nominativas, pasando de 206 en 2014 (por importe de 17,8 millóns de euros) a só 57 en 2018, por importe de 5,4 millóns de 2018.

1.146 obras e redución de 9,5 millóns de débeda

Dende a súa creación en 2017, o Plan Único da Deputación da Coruña financiou a execución de 1.146 obras de construción ou mellora de infraestruturas públicas nos 93 concellos da provincia da Coruña, contribuíu a costear servizos públicos básicos como o alumeado, mantemento de viais ou a recollida de lixo, e favoreceu que os concellos amortizaran máis de 9,5 millóns de euros da súa débeda con entidades bancarias e reduciran notablemente o período medio de pago a provedores.

Unhas cifras que se verán incrementadas coa próxima aprobación- prevista para o vindeiro mes de marzo- da relación de obras e investimentos do Plan Único en 2019.

O Plan Único baséase a tres principios fundamentais: máis transparencia e obxectividade na asignación de recursos, porque o reparto de fondos non se efectúa de xeito discrecional, senón que se basea en criterios obxectivos empregados dende hai máis de dúas décadas no POS (poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal) que xeran un consenso importante entre os concellos; máis autonomía local, porque son os propios concellos, os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, os que deciden cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos que achega a Deputación; e máis saneamento financeiro, porque o plan conta con mecanismos para que os concellos podan destinar parte dos fondos a pagar facturas pendentes, reducir a súa débeda ou financiar parte do seu gasto corrente.

PLAN ÚNICO 2019

COMARCA DA CORUÑA

TOTAL

12.419.154,40 

6.282.851,25

18.702.005,65

Concello

Achega inicial

2019

Adicional 1 2019

TOTAL

Abegondo

609.890,30

322.274,11

932.164,41

Aranga

488.468,23

258.896,83

747.365,06

Arteixo

1.296.674,29

693.500,88

1.990.175,17

Bergondo

466.491,85

238.038,76

704.530,61

Betanzos

549.164,35

293.709,80

842.874,15

Cambre

963.200,86

503.502,80

1.466.703,66

Carral

551.748,13

237.332,86

789.080,99

Coirós

280.015,52

146.433,72

426.449,24

A  Coruña

437.766,64

205.707,60

643.474,24

Culleredo

1.227.617,29

608.314,87

1.835.932,16

Curtis

518.813,01

277.476,98

796.289,99

Irixoa

445.893,24

185.891,17

631.784,41

Miño

477.257,34

218.605,56

695.862,90

Oleiros

1.216.573,12

649.983,45

1.866.556,57

Oza-Cesuras

884.684,16

468.312,35

1.352.996,51

Paderne

364.980,79

178.223,48

543.204,27

Sada

758.694,65

341.362,91

1.100.057,56

Sobrado

544.369,21

284.396,24

828.765,45

Vilasantar

336.857,42

 

507.744,30

 

 

PLAN ÚNICO 2019
COMARCA DE FERROLTERRA-ORTEGAL

TOTAL

12.247.690,15

5.782.494,23

18.030.184,38

CONCELLO

Achega inicial

 

Adicional 1

2019

TOTAL

 

Ares

341.149,17

172.097,21

513.246,38

Cabanas

322.223,09

170.535,10

492.758,19

Cariño

368.937,17

188.439,07

557.376,24

A Capela

315.307,30

153.290,76

468.598,06

Cedeira

547.475,97

292.806,82

840.282,79

Cerdido

324.516,92

141.471,14

465.988,06

Fene

684.845,50

309.227,43

994.072,93

Ferrol

753.659,35

342.017,45

1.095.676,80

Mañón

443.174,70

200.425,86

643.600,56

 Moeche

291.043,44

148.803,02

439.846,46

 Monfero

709.955,26

334.456,23

1.044.411,49

Mugardos

344.220,25

177.570,76

521.791,01

Narón

1.595.555,72

731.770,06

2.327.325,78

 Neda

392.056,16

173.474,50

565.530,66

 Ortigueira

1.080.344,34

517.168,87

1.597.513,21

Pontedeume

519.530,78

236.088,62

755.619,40

 AS Pontes

1.336.262,32

628.552,03

1.964.814,35

San Sadurniño

506.635,03

250.644,12

757.279,15

 As Somozas

399.766,37

193.489,14

593.255,51

 Valdoviño

665.490,03

292.438,82

957.928,85

Vilarmaior

305.541,28

127.727,22

433.268,50

 

PLAN ÚNICO 2019
COMARCA DE SANTIAGO

TOTAL

 17.989.653,07

 

8.959.666,32

26.949.319,39

CONCELLO

Achega inicial

2019

Adicional 1

2019

TOTAL

 

 Ames

1.335.091,23

641.893,01

1.976.984,24

 Arzúa

893.564,14

446.415,18

1.339.979,32

 A Baña

568.541,51

297.556,82

866.098,33

 Boimorto

511.254,35

244.473,25

755.727,60

 Boqueixón

509.517,38

270.205,80

779.723,18

 Brión

575.833,77

297.402,28

873.236,05

 Dodro

265.392,11

141.175,90

406.568,01

 Frades

465.875,18

246.186,59

712.061,77

 Melide

853.691,54

421.562,31

1.275.253,85

 Mesía

538.300,11

279.453,27

817.753,38

 Negreira

750.966,03

377.642,71

1.128.608,74

 Ordes

978.513,29

494.981,33

1.473.494,62

 Oroso

711.453,58

301.924,73

1.013.378,31

 Padrón

560.405,21

254.753,30

815.158,51

 O Pino

663.370,24

350.426,91

1.013.797,15

 Rois

542.510,30

287.142,43

829.652,73

 Santa Comba

1.026.951,21

533.549,29

1.560.500,50

 Santiago

1.298.414,72

685.210,15

1.983.624,87

 Santiso

471.007,90

236.498,82

707.506,72

 Teo

924.021,02

478.166,74

1.402.187,76

 Toques

443.809,07

212.057,40

655.866,47

 Tordoia

579.088,22

304.413,17

883.501,39

 Touro

710.717,57

337.810,62

1.048.528,19

 Trazo

603.751,51

273.721,79

877.473,30

 Val do Dubra

698.531,51

299.145,74

997.677,25

 Vedra

509.080,37

245.896,78

754.977,15

PLAN ÚNICO 2019
COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

 TOTAL

 10.840.435,31 

 

16.046.111,88

16.046.111,88

CONCELLO

Achega inicial

2019

Adicional 1

2019

TOTAL

 

 Cabana de Bergantiños

614.734,57

902.790,99

902.790,99

 Camariñas

496.431.47

705.842,79

705.842,79

 Carballo

1.585.286,57

2.407.136,56

2.407.136,56

 Cee

511.983,92

771.408,64

771.408,64

 Cerceda

658.401,67

970.889,91

970.889,91

 Corcubión

195.054,88

284.446,48

284.446,48

Coristanco

1.023.521,00

1.421.093,35

1.421.093,35

 Dumbría

568.127,53

867.097,15

867.097,15

Fisterra

333.418,32

500.825,55

500.825,55

 A Laracha

1.000.213,46

1.434.196,82

1.434.196,82

 Laxe

353.182,50

519.522,24

519.522,24

 Malpica

517.227,35

767.730,51

767.730,51

 Muxía

699.458,83

1.066.196,68

1.066.196,68

 Ponteceso

690.237,03

1.004.915,51

1.004.915,51

 Vimianzo

876.406,54

1.341.219,34

1.341.219,34

 Zas

716.749,67

1.080.799,36

1.080.799,36

PLAN ÚNICO 2019

COMARCA DE BARBANZA

 TOTAL

8.003.061,07

 

3.769.311,63

11.772.372,70

CONCELLO

Achega inicial

 

Adicional 1

2019

TOTAL

 

Boiro

901.098,77

467.835,33

1.368.934,10

Carnota

429.141,14

220.298,29

649.439,43

 Lousame

548.084,35

247.318,15

795.402,50

 Mazaricos

812.304,85

410.381,08

1.222.685,93

 Muros

691.640,60

305.160,71

996.801,31

 Noia

804.544,42

325.043,85

1.129.588,27

 Outes

628.836,10

324.481,68

953.317,78

 Pobra do Caramiñal

506.438,15

243.007,66

749.445,81

Porto do Son

751.409,61

350.368,77

1.101.778,38

 Rianxo

662.815,65

308.371,25

971.186,90

 Ribeira

1.266.747,43

567.044,86

1.833.792,29

 

 

 

Páxinas suxeridas