Estás en:Novas

A Deputación da Coruña promociona a variedade e riqueza da cociña dos concellos no Fórum Gastronómico

Cociña de calidade e innovadora será a proposta coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña participa no Fórum Gastronómico que terá lugar en Expocoruña

A Deputación da Coruña promociona a variedade e riqueza da cociña dos concellos no Fórum Gastronómico

A área de Turismo da Deputación de Coruña despregará un amplo programa 4ª edición do Fórum Gastronómico 2019 que se celebra en Coruña coa mostra de produtos e profesionais dos concellos. Calidade, variedade, cociña innovadora e creativa con produtos de tempada é a aposta da Deputación para o Fórum que se desenvolverá no recinto feiral Expocoruña nos días 10, 11 e 12 de marzo. Catas, maridaxes, presentacións de produtos, sesións de cociña con degustacións ou espazos temáticos con expertos, entre outras fórmulas, compoñen a oferta da Deputación da Coruña nesta nova edición do Fórum que contará cun amplo horario de 10:00 a 20:00 horas. "Como o pasado ano, a Deputación da Coruña aproveita a oportunidade da celebración do Fórum para apostar por un turismo de calidade en que a riquísima oferta gastronómica é un eixo fundamental de atracción.

Como acontece noutras feiras, desde a Deputación da Coruña convídase aos concellos a mostrar a súa singulariedade no noso espazo", explica o deputado de Turismo, Xosé Regueira. Durante as tres xornadas a Deputación mostrará no seu propio espazo na feira, showcookings de cociña da man dos concellos de Muros e Noia, Mugardos co seu famoso polbo á mugardesa, A Capela coa cata de queixos e por último a participación da asociación "Coruña Cocina" con intervencións de Moncho Bargo, Gorka Rodriguez, Alma Garcia, Antonio Amenedo, Caco Agrasar, Ángeles Marzoa, Pablo Pizarro e Adrián Felípez. Ademais, o concello de Muros e Noia dedicará o martes unha presentación dirixida por Pepe Senade, arredor da cociña do mar, seguido máis tarde doutra presentación de Fernando Agrasar co título "Tradición".

Páxinas suxeridas