Estás en:Novas

Saen a licitación as obras de instalación de iluminación LED no Pino

As obras, financiadas polo Plan único da Deputación, supoñen un investimento de 81.730 euros e permitirán mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo ata un 90%

Instalaranse un total de 124 novos puntos de luz nas parroquias de Pereira e O Pino

Saen a licitación as obras de instalación de iluminación LED no Pino

A Plataforma de Contratación do Estado vén de publicar o anuncio de licitación das obras de renovación da iluminación pública das parroquias de Pereira e O Pino, no termo municipal do Pino.

Os traballos contan cun orzamento de 81.730 euros que serán financiados integramente polo Plan único (POS+2018) da Deputación e suporán a substitución do actual sistema de iluminación (con lámpadas de vapor de sodio ou mercurio) por novas luminarias LED, que reducen ata nun 90% o consumo de enerxía e melloran a calidade lumínica, incrementando a seguridade tanto viaria como peonil.

O proxecto inclúe a substitución de 124 puntos de luz. En Pereira substituiranse un total de 47 luminarias: Alta Pereira (6), Alvarín (4), Alvite (5), Castro (4), Cimadevila (13) e Igrexa (15). No Pino substituiranse por luces LED as luminarias de Bermas (10), Igrexa (26), Leborán Grande e Pequeno (18), Piñeiro (19) e Vento (4).

Tamén se substituirán 15 cadros eléctricos, coa instalación de novos sistemas de protección para sobretensións e toma de terra e reloxo astronómico naqueles cadros que non o teñan, así coma parte do cableado e dos brazos dos postes danados.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 3 de abril.

Páxinas suxeridas