Estás en:Novas

A Deputación e o Concello da Laracha invisten 159.664 euros na construción de beirarrúas na 2ª e 3ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo

As obras veñen de saír a licitación na Plataforma de Contratación do Estado

A Deputación e o Concello da Laracha invisten 159.664 euros na construción de beirarrúas na 2ª e 3ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo

A Deputación da Coruña e o Concello da Laracha investirán 159.664,44 euros na construción de beirarrúas na 2ª e 3ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo.

A Palataforma de Contratación do Estado vén de publicar o anuncio de licitación desta obra, que contará cunha achega de 77.490 euros do Plan único (POS+2018) e 82.174 euros do Concello da Laracha.

O proxecto contempla a creación de beirarrúas de 2 metros de ancho que discorrerán pola marxe dereita de ambas as dúas rúas e que estarán dotadas dos servizos necesarios: rede de pluviais, acometidas de saneamento e abastecemento de auga e preinstalación para telecomunicacións, o que permitirá eliminar o cableado aéreo.

As beirarrúas executaranse en baldosa de cor asentada sobre base de formigón e morteiro, contarán con bordo de formigón e contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona.