Estás en:Novas

O presidente da Deputación reuniuse co delegado de Defensa en Galicia, o coronel Antonio Bernal Martín

O presidente da Deputación reuniuse co  delegado de Defensa en Galicia, o coronel Antonio Bernal Martín

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao delegado de Defensa en Galicia, o coronel do Exército de Terra Antonio Bernal Martín.

A reunión enmárcase na rolda de contactos institucionais que o coronel Bernal está a realizar con motivo do seu nomeamento como representante do Ministerio de Defensa en Galicia.

Gonzalez Formoso e Bernal Martín departiron durante media hora sobre as súas respectivas competencias. Ao remate da reunión, o presidente provincial e o coronel destacaron a importancia da colaboración e coordinación entre institucións.

O coronel Antonio Bernal conta con 36 anos de servizo nas Forzas Armadas. Estivo destinado en Ferrol, Lugo e A Coruña. Exerce ademais como profesor asociado da UDC nun máster Loxística e Transporte no Campus de Ferrol. Ao longo da súa traxectoria participou en misións de paz en Bosnia, Kosovo e Afganistán.