Estás en:Novas

A Deputación destina preto de un millón de euros á contratación de técnicos deportivos en 75 concellos da provincia

González Formoso destaca que, ademais de xerar emprego, o programa facilita que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación

A Deputación destina preto de un millón de euros á contratación de técnicos deportivos en 75 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión provisional das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, 75 concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 947.474,74 euros para financiar este programa.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que estas axudas "ademais de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 75 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación", especialmente nenos e maiores.

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

 

Comarca de Santiago

CONCELLO

ACHEGA

A Baña

14.400

Ames

14.400

Boimorto

14.400

Boqueixón

  9.600

Dodro

14.400

Frades

  9.600

Melide

  9.600

Mesía

14.400

Ordes

14.400

Oroso

  9.600

Padrón

14.400

Santiso

14.400

Teo

14.400

Toques

14.400

Tordoia

14.400

Touro

14.400

Trazo

14.400

Val do Dubra

  9.600

Vedra

11.088

O Pino

14.400

Total

260.688

 

 

 

Comarca da Coruña e As Mariñas

CONCELLO

ACHEGA

Abegondo

  9.600

Aranga

14.400

Arteixo

14.400

Betanzos

12.864,96

Cambre

14.400

Carral

14.400

Culleredo

14.400

Curtis

14.400

Irixoa

14.400

Oleiros

14.400

Paderne

14.400

Sada

  9.600

Sobrado

14.400

Vilasantar

  9.600

Total

185.664,96

 

 

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

CONCELLO

ACHEGA

A Capela

  9.200,31

As Pontes

14.400

As Somozas

13.846,27

Ares

14.400

Cariño

14.400

Cedeira

  9.600

Fene

14.400

Mañón

  9.600

Moeche

  9.600

Monfero

  8.160

Neda

  9.600

Mugardos

14.400

Pontedeume

14.400

San Sadurniño

14.400

Valdoviño

  7.200

Vilarmaior

14.400

Total

192.006,58

 

 

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

 

CONCELLO

ACHEGA

Laracha

14.400

Cabana de Bergantiños

  9.600

Camariñas

  7.200

Carballo

14.400

Cee

14.400

Cerceda

14.400

Corcubión

14.400

Dumbría

  9.600

Fisterra

  9.600

Laxe

10.555,20

Malpica

14.400

Muxía

  9.600

Ponteceso

14.400

Vimianzo

14.400

Zas

  9.600

Total

180.955,2

 

 

Comarca do Barbanza

 

CONCELLO

ACHEGA

A Pobra

12.960

Boiro

14.400

Carnota

14.400

Lousame

14.400

Mazaricos

14.400

Muros

  9.600

Outes

  9.600

Porto do Son

  9.600

Rianxo

14.400

Ribeira

14.400

Total

128.160

 

(*)Subvencións provisionalmente condicionadas (2)

 

CONCELLO

ACHEGA

Rois

14.400

Santa Comba

14.400

Páxinas suxeridas