Estás en:Novas

O Pazo de Mariñán acolle as XII Xornadas de de Dereito Administrativo Iberoamericano

Expertos de universidades de ambos lados do Atlántico debaten no pazo bergondés sobre boa administración e as sociedades inclusivas

As xornadas comezaron cunha conferencia de Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón

O Pazo de Mariñán acolle as XII Xornadas de de Dereito Administrativo Iberoamericano

Expertos en Dereito Administrativo de catorce universidades de España, Arxentina, Nicaragua, Uruguay, Costa Rica, Venezuela, México, O Salvador, Colombia, Perú e Brasil participan durante este semana no Pazo de Mariñán (Bergondo) na XII edición das xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, que esta mañá comezaron cunha conferencia do xurista Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón e unha mesa redonda sobre "Boa Administración. Estado e sociedade".

Esta tarde terá lugar a conferencia especial de Joao Antonio Da Silva, Presidente do Tribunal de Contas de Sao Paulo (Brasil) e unha mesa redonda sobre "Novas claves do Estado do Benestar".

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que participará o venres no acto de clausura do congreso, destacou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a UDC para "converter a provincia da Coruña, por duodécimo ano consecutivo, no epicentro do Dereito Administrativo Iberoamericano"