Estás en:Novas

A Deputación adxudica por 255.517 euros as obras de construción da nova ponte sobre o río Mero que unirá os concellos de Oza-Cesuras e Abegondo

As obras suporán a eliminación definitiva da ponte vella, un punto negro de tráfico debido ao estreitamento da calzada, e completarán a ampliación levada a cabo no resto da estrada DP 0106

Completarán os traballos de ampliación executados pola Deputación no resto da estrada, deixando unha anchura de vía uniforme en todo o percorrido e mellorando notablemente as condicións de seguridade da estrada, que conta cun elevado volume de tráfico, xa que comunica dous concellos limítrofes.

A Deputación adxudica por 255.517 euros as obras de construción da nova ponte sobre o río Mero que unirá os concellos de Oza-Cesuras e Abegondo

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 255.516,97 euros as obras de construción dunha nova ponte na DP 0106 sobre o río Mero, no lugar da Barcia (Cines), que conecta os termos municipais de Oza-Cesuras e Abegondo.

As obras supoñen a recuperación dun proxecto importante que ten como obxectivo a eliminación dun punto negro de tráfico, debido ao estreitamento repentino da plataforma do vial sobre a ponte vella, o que ocasiona dificultades para o paso de dous coches simultaneamente. Asemade, completarán os traballos de ampliación executados pola Deputación hai algúns anos no resto da estrada, deixando unha anchura de vía uniforme en todo o percorrido e mellorando notablemente as condicións de seguridade da estrada, que conta cun elevado volume de tráfico, xa que comunica dous concellos limítrofes.

O proxecto inclúe as adaptacións requiridas por Augas de Galicia, entre as que se inclúen a protección dos taludes dos estribos mediante muros de escollera e a habilitación dun paso para pescadores.

A nova ponte contará con dous carrís de 3,25 metros, beiravía de medio metro, beirarrúas de 1,55 m. e barreiras de protección con varanda metálica, o que supón unha anchura total de 9,55 metros. A cimetación realizarase con 10 pilotes de 1 metro de diámetro e 8 metros de lonxitude no estribo.

O taboleiro consistirá nun forxado de 4 vigas en dobre T, sobre o que se disporá unha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa e as beirarrúas, de lousas de formigón, que contribuirán tamén a mellorar a seguridade peonil na zona.

Páxinas suxeridas