Estás en:Novas

A Deputación adxudica por 205.175 euros as obras de mellora da estrada DP 2901 de Coristanco a Cereo

Suporán a renovación do firme nos primeiros 2,7 quilómetros do vial

A Deputación adxudica por 205.175 euros as obras de mellora da estrada DP 2901 de Coristanco a Cereo

A Deputación da Coruña vén de adxudicar, por importe de 205.175 euros, as obras de pavimentación e mellora da estrada provincial DP 2901 que conecta o centro de Coristanco con Cereo.

Os traballos incluirán a limpeza e roza das cunetas e beiravías, o fresado e reparación das zonas máis agretadas e deterioradas e dotación dunha nova capa de rodaxe en todo o ancho da calzada mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 6 cm de espesor nos primeiros 2,7 quilómetros do vial.

As obras contemplan tamén o pintado das marcas viais do eixe e os bordos da estrada.O prazo de execución dos traballos é de catro meses.

Páxinas suxeridas