Estás en:Novas

A Deputación financia con 306.000 euros os servizos de socorrismo das piscinas e praias fluviais de 43 concellos da provincia

O BOP vén de publicar as asignacións do programa para os servizos de salvamento en concellos do interior da provincia, que financia a Deputación da Coruña con 306.000 euros.

A través desta liña de axudas, 43 concellos coruñeses custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais.

As achegas van desde os 3.521 aos 9.806 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello

A Deputación financia con 306.000 euros os servizos de socorrismo das piscinas e praias fluviais de 43 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o venres a concesión das subvencións para os servizos de salvamento en concellos do interior da provincia, que financia a Deputación da Coruña con 306.000 euros.

A través desta liña de axudas, 43 concellos coruñeses custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais. As achegas da Deputación van desde os 3.521 aos 9.806 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello.

A comarca de Santiago, ao contar co maior número de concellos de interior, concentrará preto da metade destas axudas, un total de 149.594,23 euros.

Pola súa banda, na zona da Coruña e As Mariñas achéganse 59.376,87 euros, que se repartirán entre os concellos de Abegondo, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Sobrado, Vilasantar e Oza-Cesuras.

En Ferrol, Eume e Ortegal, a Deputación concedeu un total de 51.065,31 euros para os concellos da Capela, Cerdido, Moeche, Monfero, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior.

En canto á Costa da Morte e Bergantiños, contarán con servizos de socorrismo financiados pola Deputación a piscina da Silva e o parque acuático de Cerceda, a piscina de Vimianzo e as instalacións acuáticas municipais de Zas e Coristanco. A institución provincial achega 31.501,45 euros.

Por último, na zona do Barbanza a Deputación financiará a contratación de socorristas nos dous concellos que non teñen costa, Lousame e Mazaricos, achegando un total de 14.462,14 euros. 

Solicitudes

Importe subvención

Beneficiario: CONCELLO DA BAÑA
Obxecto: Contratación socorrista 2019

5.400,00€

Beneficiario: CONCELLO DA CAPELA
Obxecto: SERVIZO DE SOCORRISMO PARA A PISCINA MUNICIPAL VERÁN 2019

3.521,60€

Beneficiario: CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Obxecto: CONTRATACIÓN DE DOUS SOCORRISTAS PARA O LAGO DAS PONTES

8.419,74€

Beneficiario: CONCELLO DAS SOMOZAS
Obxecto: CONTRATACIÓN DE SOCORRISTA 2019

7.132,02€

Beneficiario: CONCELLO DE ABEGONDO
Obxecto: Convocatoria do programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da Coruña durante o exercicio 2019

7.825,41€

Beneficiario: CONCELLO DE AMES
Obxecto: CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS PARA AS PISCINAS DESCUBERTAS MUNICIPAIS (BERTAMIRÁNS E O MILLADOIRO) E PRAIA FLUVIAL DE TAPIA

8.419,74€

Beneficiario: CONCELLO DE BOIMORTO
Obxecto: CONTRATACIÓN SOCORRISTA PARA PISCINA MUNICIPAL

4.848,77€

Beneficiario: CONCELLO DE BOQUEIXÓN
Obxecto: CONTRATACIÓN SOCORRISTA 2019

7.231,07€

Beneficiario: CONCELLO DE BRIÓN
Obxecto: SERVIZO DE SOCORRISMO NA PISCINA MUNICIPAL DE BASTAVALES

5.399,02€

Beneficiario: CONCELLO DE CAMBRE
Obxecto: programa de socorrismo durante o exercicio 2019

7.429,18€

Beneficiario: CONCELLO DE CARRAL
Obxecto: CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE SOCORRISMO DAS PISCINAS MUNICIPAIS DE CARRAL VERÁN 2019

7.330,13€

Beneficiario: CONCELLO DE CERCEDA
Obxecto: SERVIZO DE SOCORRISMO NA PISCINA DA SILVA E NO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

8.320,68€

Beneficiario: CONCELLO DE CERDIDO
Obxecto: Socorrismo acuático na piscina municipal do Castro

7.132,02€

Beneficiario: CONCELLO DE COIRÓS
Obxecto: CAMPAÑA DE SOCORRISMO PARA O VERÁN 2019

7.132,02€

Beneficiario: CONCELLO DE CORISTANCO
Obxecto: SERVIZO SOCORRISMO CONCELLO DE CORISTANCO

7.679,64€

Beneficiario: CONCELLO DE CURTIS
Obxecto: Contratación servizo socorrismo piscinas municipais 2019

8.221,63€

Beneficiario: CONCELLO DE FRADES
Obxecto: PROGRAMA DE SOCORRISMO DURANTE O ANO 2019

7.627,29€

Beneficiario: CONCELLO DE LOUSAME
Obxecto: SOCORRISTA PISCINA 2019

7.231,07€

Beneficiario: CONCELLO DE MAZARICOS
Obxecto: Programa de socorrismo durante o exercicio 2019

7.231,07€

Beneficiario: CONCELLO DE MELIDE
Obxecto: SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PISCINAS EXTERIORES DA PRAIA FLUVIAL DE FURELOS

7.825,41€

Beneficiario: CONCELLO DE MESÍA
Obxecto: GASTO CONTRATACIÓN SOCORRISTAS ANO 2019

8.122,57€

Beneficiario: CONCELLO DE MOECHE
Obxecto: CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE SOCORRISMO PARA A PISCINA MUNICIPAL VERÁN 2019

7.132,02€

Beneficiario: CONCELLO DE MONFERO
Obxecto: PERSOAL SOCORRISMO

5.418,64€

Beneficiario: CONCELLO DE NEGREIRA
Obxecto: SOCORRISMO DEPUTACIÓN PROVINCIAL

7.000,00€

Beneficiario: CONCELLO DE ORDES
Obxecto: CONTRATACIÓN SOCORRISTAS DA PISCINA EXTERIOR O MUÍÑO 2019

8.419,74€

Beneficiario: CONCELLO DE OROSO
Obxecto: SOCORRISMO

7.825,41€

Beneficiario: CONCELLO DE PADRÓN
Obxecto: SERVIZO DE SOCORRISMO CONCELLO DE PADRÓN 2019

7.330,13€

Beneficiario: CONCELLO DE SAN SADURNIÑO
Obxecto: Contratación do servizo de socorrismo na piscina municipal en 2019

7.132,02€

Beneficiario: CONCELLO DE SANTA COMBA
Obxecto: Programa socorrismo ano 2019

7.330,13€

Beneficiario: CONCELLO DE SANTISO
Obxecto: SOCORRISMO 2019

7.132,02€

Beneficiario: CONCELLO DE SOBRADO
Obxecto: SOCORRISMO DA PISCINA MUNICIPAL DE SOBRADO 2019

7.132,02€

Beneficiario: CONCELLO DE TEO
Obxecto: Contratación de socorristas para as piscinas municipais

8.419,74€

Beneficiario: CONCELLO DE TOQUES
Obxecto: SERVIZO SOCORRISMO 2019 PISCINA MUNICIPAL

4.612,56€

Beneficiario: CONCELLO DE TORDOIA
Obxecto: SOCORRISMO TORDOIA 2019

7.231,07€

Beneficiario: CONCELLO DE TOURO
Obxecto: PROGRAMA DE SOCORRISMO ANUALIDADE 2019

7.231,07€

Beneficiario: CONCELLO DE TRAZO
Obxecto: PROGRAMA DE SOCORRISMO ANO 2019

7.231,07€

Beneficiario: CONCELLO DE VAL DO DUBRA
Obxecto: SOCORRISTAS PISCINA VAL DO DUBRA 2019

7.231,07€

Beneficiario: CONCELLO DE VILARMAIOR
Obxecto: SOCORRISMO 2019

5.177,25€

Beneficiario: CONCELLO DE VILASANTAR
Obxecto: SOCORRISMO 2019

4.500,00€

Beneficiario: CONCELLO DE VIMIANZO
Obxecto: PROGRAMA DE SOCORRISMO DURANTE O 2019

7.330,13€

Beneficiario: CONCELLO DE ZAS
Obxecto: CONTRATACIÓN SOCORRISTAS

8.171,00€

Beneficiario: CONCELLO DO PINO
Obxecto: CONTRATACIÓN SERVIZO SOCORRISMO 2019

7.726,35€

Beneficiario: CONCELLO OZA CESURAS
Obxecto: PROGRAMA DE SOCORRISMO 2019

9.806,48€