Estás en:Novas

A Deputación da Coruña destina case sete millóns de euros aos servizos sociais dos concellos

O BOP publica hoxe as asignacións de cada concello dun programa que financia servizos sociais e de asistencia no fogar nos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación da Coruña destina case sete millóns de euros aos servizos sociais dos concellos

A Deputación da Coruña destina este ano un total de 6.921.085,40 € ao financiamento dos Servizos Sociais dos concellos a través dunha liña de axudas da que se benefician todos os municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

As asignacións por municipios e as horas de servizo de asistencia no FOGA concedidas a cada un deles publícanse hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o importante esforzo investidor que realiza a Deputación para axudar a manter "un servizo público esencial" como os servizos sociais e servizos de asistencia no fogar dos pequenos concellos coruñeses.

Neste sentido, destacou o gran traballo levado a cabo pola área de Benestar Social e lembrou que o Goberno provincial incrementou esta liña de 4 a 7 millóns de euros "para dar o mellor servizo e atender ás persoas que máis o necesitan", permitindo á cidadanía "contar con servizos sociais profesionais e de calidade, independentemente do lugar onde vivan".

"A convocatoria para os servizos sociais municipais é un dos piares da nosa área e fundamental para estar á beira da xente que máis o precisa", destacou a deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco.

O BOP publica este martes 16 de abril a resolución da liña de axudas aos servizos sociais municipais aos que, nesta nova convocatoria, a Deputación da Coruña destina un total de 6.921.085,40 €, un orzamento que se duplicou con respecto á pasada edición co fin de mellorar a calidade do servizo, ao incluír por primeira vez o financiamento de persoal administrativo adscrito e establecer un prezo de 12 euros/hora para a axuda social básica no fogar.

A convocatoria, dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes -83 na provincia- ten como obxectivo contribuír á "igualdade e á mellora na calidade e eficiencia dos servizos que atenden ás persoas que máis o necesitan e contribúan a que os concellos de menor poboación podan ofrecer servizos sociais de calidade". Coas melloras aprobadas o pasado ano, que incluía o financiamento de persoal administrativo, o persoal técnico municipal liberouse de tarefas que estaban a asumir co fin de dedicarse integramente a atender ás persoas que son beneficiarias dos servizos sociais municipais o que reverteu na súa mellora.

A deputada Ánxela Franco lembrou que desde a área de Servizos Sociais estanse a elaborar as conclusións do Plan de Accións de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar" que vai ofrecer unha análise en profundidade da realidade social dos concellos da Coruña co fin de elaborar políticas eficientes que optimicen a xestión dos recursos. "Para realizar unha xestión óptima dos investimentos é preciso coñecer o estado dos servizos e os recursos e este estudo ofrecerá un completo mapa da situación que permitirá continuar coas melloras que xa estamos aplicando nunha área de especial interese para a mellora da vida das persoas", sinala Ánxela Franco.

Achegas por concellos

Abegondo 133,377,25€
Aranga 84.804,04 €
Ares 98.560,00 €
Arzúa 66.430,48 €
A Baña 53.302,95 €
Bergondo 75.522,03 €
Betanzos 112.954,30 €
Boimorto 64.084,35 €
Boiro 127.697,80 €
Boqueixón 57.910,68 €
Brión 62.000,00 €
Cabana de Bergantños 70.516,42 €
Cabanas 104.800,00 €
Camariñas 75.516,04 €
A Capela 21.997,01 €
Cariño 119.552,00 €
Carnota 73.638,59 €
Carral 217.975,52 €
Cedeira 66.496,00 €
Cee 26.928,00 €
Cerceda116.323,15 €
Cerdido 36.468,00 €
Coirós 61.195,72 €
Corcubión 62.962,18 €
Coristanco 89.747,28 €
Curtis 55.962,71 €
Dodro 91.759,00 €
Dumbría 106.660,00 €
Fene 65.900,49 €
Fisterra 62.950,49 €
Irixoa 76.029,22 €
A Laracha 191.800,03 €
Laxe 63.294,11 €
Lousame 52.202,56 €
Malpica de Bergantiños 80.877,08 €
Mañón 76.800,00 €
Mazaricos 80.668,15 €
Melide 129.460,00 €
Mesía 100.021,69 €
Miño 104.718,00 €
Moeche 28.395,83 €
Monfero 36.400,00 €
Mugardos 84.412,40 €
Muros 68.968,02 €
Muxía 59.860,00 €
Neda 202.056,45 €
Negreira 98.870,23 €
Noia 93.141,58 €
Oroso 65.524,03 €
Ortigueira 85.305,15 €
Outes 100.000,00 €
Oza-Cesuras 113.576,32 €
Paderne 61.880,38 €
Padrón 119.528,00 €
O Pino 46.004,00 €
A Pobra do Caramiñal 75.859,11 €
Ponteceso 60.092,00 €
Pontedeume 194.459,10 €
As Pontes de García Rodríguez 152.503,33 €
Porto do Son 82.118,00 €
Rianxo 89.598,02 €
Sada 160.762,78 €
San Sadurniño 62.636,80 €
Santa Comba 88.323,58 €
Santiso 76.000,00 €
Sobrado dos Monxes 98.934,93 €
As Somozas 40.812,00 €
Teo 106.891,50 €
Toques 48.350,00 €
Tordoia 62.801,31 €
Touro 77.200,00 €
Trazo 66.517,00 €
Val do Dubra 51.690,55 €
Valdoviño 70.855,45 €
Vedra 98.600,58 €
Vilarmaior 58.257,78 €
Vilasantar 72.064,00 €
Vimianzo 75.542,49 €
Zas 68.238,54 €
Mancomunidade de Ordes (Concellos de Frades e Ordes)103.469,55 €

Pódese consultar a resolución completa no BOP deste martes día 16 de abril: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/04/16/2019_0000002990.html

 

Páxinas suxeridas