Cuarto Milenio grava no Arquivo da Deputación da Coruña
Hoxe 7 maio, membros do equipo de Cuarto Milenio gravaron nas nosas instalacións tomas para un programa sobre os nenos expósitos da Expedición Balmis.

En novembro de 1803 partiu dende a Coruña cara América a Corveta María Pita co equipo da Real Expedición Filantrópica da Vacina, dirixido por Francisco Xavier de Balmis. A bordo viaxaban 21 expósitos ao coidado de Isabel Zendal para non romper a cadea de vacinación, gran parte deles procedían do Hospital da Caridade coruñés.