Estás en:Novas

A Deputación apoia con case medio millón de euros o desenvolvemento de actividades culturais de fundacións e entidades sen fin de lucro

Un total de 34 fundacións e entidades benefícianse da liña de axudas da área de Cultura

A Deputación apoia con case medio millón de  euros o desenvolvemento de actividades culturais de fundacións e entidades sen fin de lucro

Un total de 34 fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas recibirán 455.249 € a través da liña de axudas da área de Cultura da Deputación da Coruña. A resolución publícase no BOP deste 21 de maio.

Cun orzamento de 455.249 euros, a Deputación publica hoxe a concesión definitiva dunha liña de axudas que ten por obxecto apoiar as programacións fundacións e entidades culturais. Nesta nova edición da convocatoria, 34 foron as entidades beneficiarias.

Para a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, esta liña de axudas "afortala e consolida o papel que están a desenvolver fundacións e entidades e dálle estabilidade para continuar a realizar as súas programacións anuais".

Entre as actividades que se apoian a través desta liña atópanse programas educativos, inventarios e catalogación de fondos, programas de difusión e organización de xornadas, certames musicais, iniciativa de promoción de centros ou ciclos de proxeccións

Entidades como o Museo do Pobo Galego e a Fundación Eugenio Granell con 27.000 euros, o Centro de Estudos Melidenses-Museo Terra de Melide con 21.000 euros ou a Fundación Luís Seoane con 28.500 € son algúns dos centros que se beneficiarán do programa da Deputación da Coruña.

Entidade

Concedido

FUNDACIÓN CENTRO INTERNACIONAL DA ESTAMPA CONTEMPORÁNEA

24.000

FUNDACIÓN WENCESLAO FERNANDEZ FLÓREZ

15.000

ASOCIACIÓN PATRONATO MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA

10.170

FUNDACIÓN BENÉFICO DOCENTE FERNANDO BLANCO

3.750

 

 

FUNDACIÓN ARA SOLIS

 

 

1.000

FUNDACIÓN BIBLIOTECA DE LA CASA CONSULADO

10.629,63

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

28.500

FUNDACIÓN MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS

27.000

FUNDACIÓN OLGA GALLEGO

3.000

FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA

6.874,70

REAL E INSIGNE COLEXIATA DA CORUÑA

3.570

CENTRO ESTUDIOS MELIDENSES-MUSEO TERRA MELIDE

21.000

FUNDACIÓN RICARDO PEREZ Y VERDES

9.996

FUNDACIÓN NACIONAL FUNDASPE

7.154

FUNDACIÓN PAZOS CUCHILLO DE PAZOS

5.600

FUNDACIÓN ROSALIA DE CASTRO

15.000

FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL

7.788,53

MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO

6.000

FUNDACIÓN MUSEO ARTES GRABADO ESTAMPA DIGITAL

18.000

ARZOBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

12.000

FUNDACIÓN ACADEMIA GALEGA DA LINGUA PORTUGUESA

12.000

FUNDACIÓN ARAGUANEY PONTE DE CULTURAS

2.635

FUNDACION CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

9.000

FUNDACIÓN DARDO INSTITUTO DO DESEÑO E DAS ARTES CONTEMPORÁNEAS (DIDAC)

28.500

FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL

27.000

FUNDACIÓN GALIZA SEMPRE

14.358,24

FUNDACIÓN GONZALO TORRENTE BALLESTER

15.000

FUNDACIÓN LUIS TILVE

28.500

FUNDACIÓN PARA O ESTUDIO E DIVULG.CUESTION SOC.E SIND.GALICIA

18.000

FUNDACIÓN TERRA E TEMPO DE ESTUDOS NACIONALISTAS

17.000

FUNDACIÓN 10 DE MARZO

7.322,99

PATRONATO DE LA CASA DE TROYA

11.900

PATRONATO DO MUSEO DO POBO GALEGO

27.000

FUNDACIÓN BRANDOMIL

1.000

 

455.249,09

 

A resolución completa pódese consultar na seguinte ligazón: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/05/21/2019_0000003911.html 

Páxinas suxeridas