Estás en:Novas

A Deputación da Coruña acolle a finais de maio un encontro nacional sobre os arquivos provinciais

A Deputación da Coruña acolle a finais de maio un encontro nacional sobre os arquivos provinciais

Os días 30 e 31 de maio terá lugar o "XIX Encuentro de Archiveros de Diputaciones, Consejos Insulares y Cabildos", na Sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña. Reúnense apenas días antes de celebrarse a Semana Internacional dos Arquivos, en pleno acordo co seu lema, para "Deseñar os Arquivos do século XXI".

O grupo de traballo de arquiveiros nace co obxectivo de crear un punto de encontro e un foro de debate de problemáticas profesionais e de experiencias que poidan dar solucións aos responsables e traballadores dos diferentes arquivos.

No ano 2019 o Grupo celebra a súa XIX xuntanza na Coruña. Unha reunión que é unha necesidade nun momento de transición ao Arquivo electrónico único, con vistas ao cambio de modelo que estamos obrigados a implantar antes de que finalice o ano 2020.

Máis de corenta arquiveiros de todo o país teñen ante si tres sesións en dous días para intercambiar experiencias na Administración electrónica e máis no Arquivo electrónico, organizar unha publicación colectiva sobre asistencia técnica a arquivos municipais, promover un modelo de Política de Xestión Documental e dar difusión ao seu patrimonio documental.

Páxinas suxeridas