Estás en:Novas

A Deputación homenaxea aos funcionarios que se xubilan este ano

González Formoso agradeceu a "vocación de servizo público e a dedicación durante tantos anos" dos funcionarios "que contribuíu a facer da Deputación da Coruña unha referencia a nivel galego e estatal"

A Deputación homenaxea aos  funcionarios que se xubilan este ano

Con motivo da festividade de Santa Rita de Casia, que se celebrou o pasado 22 de maio, a Deputación da Coruña homenaxeou hoxe a 14 funcionarios e funcionarias que se xubilan este ano e aos 17 que cumpren 25 anos de servizo na institución provincial.

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu no salón de plenos o o acto de entrega de placas e insignias, que tamén contou coa presenza da vicepresidenta, Goretti Sanmartín, e de portavoces ou representantes dos distintos grupos que conforman a corporación provincial.

Formoso agradeceu "vocación de servizo público e a dedicación durante tantos anos" dos funcionarios "que contribuíu a facer da Deputación da Coruña unha referencia a nivel galego e estatal".

Os xubilados este ano foron Marcelino Barreiro Barbeito, María Casilda Cardelle Campos, Eva Casal Fernández, José Antonio Folgar Ramos, Lydia Fraguela Solloso, Ofelia Gómez Casabella, María Fernanda de la Iglesia Santos, Ángel Porta Álvarez, Josefa Rego Iglesias, María José Rodríguez Sisto, José Manuel Sánchez Dopico, Agustina Suárez Caamaño, Jesús Ángel Suárez García e Rafael Vidal Gómez de Travecedo.