Estás en:Novas

A Deputación remata as obras de pavimentación na estrada Momán-As Pontes

Supuxeron un investimento de 88.794 euros para renovar o firme dos dous primeiros quilómetros do vial

A Deputación remata as obras de pavimentación na estrada Momán-As Pontes

O departamento de Vías e Obras da Deputación da Coruña vén de rematar as obras de pavimentación e mellora da estrada provincial DP 7001 Momán-As Pontes entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+000, no termo municipal das Pontes.

As obras supuxeron un investimento de 88.794,04 euros para a reparación e dotación dunha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor nunha superficie de 13.868 metros cadrados nun tramo polo que circulan cada día 1.727 vehículos, o 10% deles tráfico pesado.

Os traballos incluíron tamén o repintado das marcas viais e o reforzo da sinalización vertical para a mellora da seguridade viaria en todo o tramo.

Páxinas suxeridas