Estás en:Novas

A Deputación da Coruña abre o prazo para solicitar prazas na residencia de estudantes do IES Calvo Sotelo

Oferta 65 prazas para o alumnado que curse estudos de FP no centro durante o curso 2019-2020

Aberto tamén o prazo para solicitar o uso do pavillón polideportivo

A Deputación da Coruña abre o prazo para solicitar prazas na residencia de estudantes do IES Calvo Sotelo

A Deputación da Coruña abre o prazo para a solicitude de prazas na residencia de estudantes do IES Calvo Sotelo durante o curso académico 2019-2020.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria, que contempla un máximo de 65 prazas e servizos de residencia, media pensión ou tique comedor diario. Destas, resérvanse 10 prazas para alumnado de FP de grao básico de nova adxudicación, cuxa convocatoria de matrícula está establecida en setembro.

As bases requiren que as persoas solicitantes sexan alumnas do IES Calvo Sotelo e non residan no concello da Coruña e establecen baremos en función do expediente académico e de circunstancias persoais ou familiares especiais para acceder ás prazas da residencia.

Os prezos públicos para o curso 2019-2020 serán de 217,70 € mensuais para o servizo de residencia, 64,75 € para o servizo de media pensión e 4,90 € para o tique comedor diario.

Uso do pavillón polideportivo

O BOP de hoxe publica tamén as bases para solicitar o uso do pavillón polideportivo do centro, onde entidades, clubs ou persoas físicas poderán desenvolver actividades acordes coa natureza deportiva das instalacións de luns a venres e en horario de 19 a 23 horas.

As bases de amabas as dúas convocatorias pódense consultar no BOP de hoxe venres, 5 de xullo.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/ultimoBoletin.do;jsessionid=22D0F7F846DE8D07F6BC00BF9A23779C