Estás en:Novas

A Rede Cultural da Deputación da Coruña programa case cincocentas actuacións no verán

Durante os meses de xullo e agosto ofrecerá un total de 478 espectáculos e proxeccións cinematográficas

A Rede Cultural da Deputación da Coruña programa case cincocentas actuacións no verán

Case medio milleiro de actuacións son as que a Rede Cultural inclúe na programación dos meses de xullo e agosto. En total, serán 478 as propostas culturais que se desenvolvan no territorio da Coruña dentro do circuíto da Deputación da Coruña.

Os 33 espectáculos culturais que se desenvolverán o 10 de agosto marcarán a xornada máis intensa da Rede Cultural da Deputación da Coruña neste verán. Desde o Mago Rafa en Oleiros até A Banda da Balbina ou Cé Orquestra Pantasma en Cabana de Bergantiños pasando por A Roda en Sobrado, Xoan Curial en Trazo ou A Coral Polifónica A Lembranza de Sada en Ponteceso e a de Carnota en Cee

Nas propostas culturais da Rede de verán destaca a participación de agrupacións de cultura popular e tradicional que forman parte do programa Alicerces que suman máis de duascentas cincuenta actuacións ao longo destes dous meses, o que supón unha intensa actividade para numerosos grupos de bandas e corais fundamentalmente. Tamén é o verán o tempo de cinema ao aire libre que, desta volta, chega a numerosas prazas e campos de festa dos concellos coa proxección de 76 filmes dentro do programa Visións do circuíto da Deputación da Coruña.

A Rede Cultural conta cunha achega da Deputación da Coruña de 2.202.184,98 €, 46.184,98 € máis ca o ano anterior e máis do dobre dos 976.496 € do ano 2015. A nova edición do circuíto superará tamén ás anteriores en número de actividades que este ano ascende a 1829 espectáculos e proxeccións.

O calendario da Rede Cultural pódese consultar na seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/redcultural/agenda

Páxinas suxeridas