Estás en:Novas

O Pazo de Arenaza acolle a primeira edición do programa para emprendedores “Se Buscan Héroes”

O Pazo de Arenaza acolle a primeira edición do programa para emprendedores “Se Buscan Héroes”

Dende inicios de mes desenvólvese no Pazo de Arenaza a primeira edición de 2019 do programa 'Se Buscan Héroes', unha iniciativa que busca apoiar ao emprendemento e a innovación nas empresas, ademais de mellorar a empregabilidade dos participantes do programa. Está dirixido preferentemente a persoas que se atopan en busca activa de emprego e/ou que desexan desenvolver unha idea de negocio. Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Incyde e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Durante tres semanas, do 1 ao 19 de xullo, as 23 persoas participantes (9 homes e 14 mulleres) acuden ao espazo de Iñás en horario de mañá, de 9h a 14h, para traballar e desenvolver competencias como a iniciativa, a empatía, a organización, o traballo en equipo ou a comunicación. As metodoloxías aplicadas por equipo experto de 15 formadores baséanse no sistema aprender facendo (learning by doing), que ten como meta a innovación e o desenvolvemento persoal a través de 75h de formación presencial, 50h de formación en liña e 15h de orientación e/ou mentorización individualizada.

Algúns dos contidos previstos están relacionados coa marca persoal, as finanzas, as habilidades comunicativas, Lean Startup e as novas tecnoloxías, entre outras. As personas participantes tamén recibirán axuda na busca de emprego ou mentorizaxe personalizada para o desenvolvemento da súa idea de negocio.

Estancias en empresas

Tras rematar estas xornadas, as persoas participantes poderán acceder a estancias en empresas da Coruña municipios dos alrededores atendendo aos perfís, proxectose prioridades de los participantes. Entre as empresas xa confirmadas están IKEA ou Inditex.

O Pazo de Arenaza, impulsado pola Deputación da Coruña, leva funcionando dende abril e acolle na actualidade a vinte e catro persoas emprendedoras e/ou novas empresas do eido da arquitectura, do urbanismo, da tecnoloxía e da investigación. O proceso para a presentación de solicitudes de acceso ao espazo encóntrase permanentemente aberto e as súas bases poden ser consultadas na web www.arenaza.pel.gal.

Enlaces de interese:

● Se Buscan Héroes:http://www.sebuscanheroes.es/

● Pazo de Arenaza: https://arenaza.pel.gal/gl

Páxinas suxeridas