Estás en:Novas

54 equipos masculinos e 32 femininos disputarán a 31 edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña

Os clubs repartiranse 243.900 euros en premios en función da súa categoría e dos logros deportivos que acaden ao longo da competición

A deputada de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, participou hoxe no sorteo dos emparellamentos do campionato, que comezará a disputarse o vindeiro 28 de xullo

54 equipos masculinos e 32 femininos disputarán a 31 edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña

Cincuenta e catro equipos masculinos e trinta e dous femininos disputarán este verán a XXXI edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña.

Os equipos masculinos pertencen ás categorías de Segunda División B (1 equipo), Terceira División (7 equipos), Preferente Autonómica (13) e Primeira Autonómica (33); mentres que os femininos pertencen á Primeira División Nacional (1 equipo), Segunda División Nacional (2), 1ª División da Liga Galega (5) e 2ª División da Liga Galega (24 equipos).

O campionato foi presentado esta mañá na sede da institución provincial, nova deputada responsable da Área de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, nun acto no que se sortearon tamén os emparellamentos da competición, que dará comezo o próximo 28 de xullo.

Cristina Capelán subliñou a "longa traxectoria" e o "prestixio" do que goza evento deportivo, que permite ademais aun total de 86 clubs coruñeses "obter uns ingresos que supoñen un importante apoio e lles axudan no sostemento da súa actividade".

"A Copa Deputación é xa un clásico do fútbol coruñés, o torneo con maior participación e un dos que teñen maior arraigo no calendario deportivo do verán. Supón ademais a antesala das competicións oficiais da nova tempada", afirmou a deputada, que subliñou o feito de que a Copa Deputación feminina chegue este ano á súa IV edición "consolidándose como un torneo que mostra a importancia do fútbol feminino, pois este ano participa un equipo de Primeira División Nacional (RC Deportivo) e dous de Segunda.

Este ano, a Deputación destina un total de 243.900 euros aos premios, 148.400 € para os 54 equipos masculinos e 95.500 € para os 32 clubs femininos participantes.

Calendario de competición

Páxinas suxeridas