Estás en:Novas

A Deputación apoia a Feira do Libro da Coruña que se desenvolve até o día 21 na cidade

O deputado, Xurxo Couto, participou na inauguración e defendeu a necesidade dun pacto polo libro galego

A Deputación apoia a Feira do Libro da Coruña que se desenvolve até o día 21 na cidade

Cun espazo propio e programación de seu, a Deputación da Coruña está presente na nova edición da Feira do Libro da Coruña que hoxe se inaugurou nos Xardíns de Méndez Núñez coa participación do deputado de Cultura, Xurxo Couto. Na súa intervención, o deputado avogou pola necesidade dun pacto polo libro galego e a unión dos sectores para defender o seu futuro.

Nun acto que contou co pregón da escritora da Coruña, Pilar Pallarés, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, destacou a relevancia da cita literaria da Coruña na que "cada ano, vivimos como escritoras e escritores celebran a súa presenza no programa da feira, como unha sorte de premio a súa creación e un encontro directo co público lector".

Neste sentido, destacou esa cara feliz da Feira do Libro, mais tamén se referiu a un lado "escuro" que é a progresiva redución de títulos e exemplares publicados en lingua galega. "Compre maior implicación de todas as institucións, establecer ese pacto necesario, man a man cos sectores para esixir o cumprimento da Lei do libro e da lectora, aínda sen desenvolver, e do Plan galego da lectura, fundamentais ferramentas para contribuír a mellorar a saúde do libro galego que reduciu a súa produción en 1,5 millóns de exemplares, o 47% menos en seis anos, nos datos do Observatorio da Cultura", sinalou Xurxo Couto.

A pesar da difícil situación que atravesa o mercado do libro galego, a "Feira do libro é exemplo da enerxía do sector, que leva a libreiras e libreiros, cun esforzo único e que temos que agradecer, a saír dos seus establecementos e levar os libros á rúa ademais de organizar un intenso programa no que participan tamén entusiastas escritoras e escritores", sinalou o deputado de Cultura nunha aposta pola defensa do libro que, segundo dixo, continúa a ocupar un lugar central da nosa cultura. Por iso, é, apuntou "de absoluta responsabilidade política e social procurar a mellora da súa situación porque niso reside unha parte importante do futuro da nosa cultura".

A Deputación da Coruña conta cun espazo propio coas súas publicacións e información arredor da súa política cultural e ofrecerá as seguintes actividades no programa da Feira:

Martes 6 de agosto, 19.45, A faba Máxica.
• Mércores 7 de agosto, 19.00 h, A
faba Máxica
• Venres, 9 de agosto, 13:00 horas, EspazoMicroAberto para lecturas e declamacións. 30 minutos.
• Domingo 11 de agosto, 12 horas, Juana de Ibarborou,
O doce miragre. Un poema que rega Rosalía de Castro? EspazoArteAcción a cargo de Marina Oural

Páxinas suxeridas
..