Estás en:Novas

A Deputación da Coruña entrega os diplomas aos rapaces e rapazas participantes no quinto curso da Campaña de Vela

A Deputación da Coruña entrega os diplomas aos rapaces e rapazas participantes no quinto curso da Campaña de Vela

A responsable da área de Deportes e Xuventude da Deputación da Coruña, Cristina Capelán Cancelo, fixo entrega hoxe, na dársena de Oza (A Coruña), dos diplomas de participación no quinto curso da Campaña de Vela que se desenvolveu esta semana nas instalacións coruñesas.
A actividade, impartida pola Federación Galega de Vela, estaba dirixida a mozos e mozas de entre 9 e 18 anos, que tiveron clases teóricas para coñecer o manexo das velas e os distintos utensilios para a navegación, afianzar conceptos e resolver dúbidas sobre os exercicios que se realizan. Tamén participaron nun obradoiro con prácticas de elaboración de nós mariñeiros.
A Campaña de Vela da Deputación desenvólvese nos meses de verán en seis concellos da provincia no que 240 nenos e nenas que aprenden e practican a navegación. O próximo curso terá lugar en Ortigueira, sendo o derradeiro curso deste verán.

Páxinas suxeridas