Estás en:Novas

Obradoiros, lecturas ao vivo e performances compoñen a programación da Deputación da Coruña na Feira do Libro da Coruña

A creadora Marina Oural achegará ao público a gran figura da poeta Juana de Ibarbourou e a súa vinculación coa cultura galega

Obradoiros, lecturas ao vivo e performances compoñen a programación da Deputación da Coruña na Feira do Libro da Coruña

Dous obradoiros para todos os públicos, unha lectura a micro aberto e unha performance que achegará a figura de Juana de Ibarbourou son algunhas das propostas da Deputación da Coruña na Feira do Libro da Coruña na que a área de Cultura conta tamén cun espazo propio de información das súas actividades e publicacións.

Este martes día 6 ás 19:45 o obradoiro Faba Máxica, a cargo da artista Marina Oural, inaugurará o programa de actividades da área de Cultura da Deputación da Coruña na Feira do Libro que chega a súa 48 edición nos Xardíns de Méndez Núñez da cidade. O obradoiro repetirase o día 7na carpa Xavier P. Docampo e consiste nunha peza escénica onde as crianzas participarán do proceso creativo a través do proceso de nacemento dunha faba.

Para o día 9 ás 13:00 está previsto un espazo de micro aberto coa lectura ao público de todas as persoas que queiran participar e, finalmente, o día 11 desenvolverase o Espazo de Arte Acción que descubrirá a poeta Juana de Ibarbourou e a súa vinculación coa cultura galega, por medio da artista Marina Oural, que traballou arredor da gran figura da cultura latinoamericana nun proxecto que recibiu o recoñecemento co Premio Luísa Villalta de proxectos Culturais pola Igualdade da Deputación da Coruña.

Ademais, a área de Cultura da Deputación da Coruña manterá aberto un espazo propio, como acontece en todas as feiras que se desenvolven no territorio da

provincia, co fin de dar a coñecer as novas publicacións e as principais liñas da política cultural da institución.

Programa de actividades

• Obradoiros Faba Máxica, martes 6, mércores 7 ás 19:45. Carpa Xavier P.Docampo
"Deixaremos que o corpo fale creando unha peza escénica, onde as crianzas experimentarán a través do seu corpo as sensacións que desprenden a natureza e a arte ligadas á creación. Poderán sentirse auga, vento, terra, sol, lúa ou semente a través da vida dunha ' faba'. Ela, a semente, será o pretexto narrativo para vivir unha viaxe imaxinaria, profundando nos valores do cultivo e ser así creadores do noso movemento. Non se precisa experiencia artística e poden participar persoas con diversidade funcional con ou sen acompañante despendendo da discapacidade. Máximo 15 persoas"

• Espazo Micro aberto. Día 9, ás 13.00h. Carpa Xavier P.Docampo
Espazo de lectura ao vivo para o público que desexe experimentar o feito oral de lectura ou declamación de xeito libre. Abrimos así ao público, por vez primeira, a feira do libro na Coruña a todas as persoas que desexen participar con independencia das súas capacidades físicas ou psíquicas. Deberán presentarse unha hora antes na carpa para distribución equitativa de tempos. A única condición é ter un texto en formato libro ou solto. Máximo 30 minutos. Coordina, Marina Oural

• EspazoArteAcción. Descuberta de Juana de Ibarbourou: a poeta de América en Lourenzá. Charla performática a cargo de Marina Oural. 45 min. Día 11 ás 12:00 horas, na Carpa Xavier P.Docampo
Charla perfomática coa descuberta da grande poeta de América, Juana de Ibarbourou, filla predilecta a título póstumo do Concello de Lourenzá e poeta que dá nome á súa biblioteca desde o ano 1963. Achegarémonos á súa voz, aos seus poemas e á obra multitidisciplinar que esta pote provocou na valeca laurentina Marina Oural: Juana_Inspiracións e Juana_Docencia.

Páxinas suxeridas