Estás en:Novas

Os equipos feminino e masculino de Cabo de Cruz gañan a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

Os equipos feminino e masculino de Cabo de Cruz gañan a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

Os Clubs de Remo Cabo de Cruz foron os gañadores da I edición feminina e da XXX masculina da Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña.
Na categoría masculina, e cun tempo de dezaoito minutos e cincuenta segundos, a embarcación boirense superou en sete segundos ás de Ares e Rianxo, que chegaron segunda e terceira, respectivamente, con escasa marxe de diferenza.

Por outra banda, na categoría feminina o Club de Remo Cabo de Cruz logrou conseguir a I Bandeira de Traíñas feminina cun tempo de vinte e un minutos e dezanove segundos, impoñéndose ao Náutico de Ribeira, Regatas Perillo e Mar de Mugardos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a responsable de deportes, Cristina Capelán, foron os encargados de entregar as bandeiras ás tripulacións das embarcacións gañadoras.

A clasificación quedou do seguinte xeito:
Categoría feminina:
GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo: 21´19´´64
2º clasificado: Náutico de Ribeira. Tempo: 21´44´´47
3º clasificado: Regatas Perillo. Tempo: 22´37´´88
4º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo: 23´25´´40

Categoría masculina:
GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo: 18´57´´69
2º clasificado: Club do Mar Ares. Tempo: 19´04´´03
3º clasificado: Club Rianxo. Tempo: 19´30´´13
4º clasificado: Mariñeiro de Mera. Tempo: 19´34´´66
5º clasificado: Esteirana. Tempo: 19´35´´43
6º clasificado: Cabana-Ferrol. Tempo: 20´00´´13
7º clasificado: Club de Remo Muros. Tempo: 20´06´´06
8º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo: 20´11´´70
9º clasificado: Club Regatas Perillo. Tempo: 20´28´´16

Este ano, os premios ascenderon a 20.800 euros, para as dúas categorías, con 2.500 euros para primeiro clasificado e 800 euros para o noveno. Os premios teñen a mesma contía para os catro primeiros clasificados, tanto na categoría feminina como masculina.
Por primeira vez esta competición deportiva non se desenvolveu en augas costeiras.

Páxinas suxeridas