Estás en:Novas

Cristina Capelán entrega os premios da QS/10.000 feminino do Pantín Classic

A xaponesa Amuro Tsuzuki conseguiu o título e ascende á oitava praza da clasificación

Cristina Capelán entrega os premios da QS/10.000 feminino do Pantín Classic

A xaponesa Amuro Tsuzuki converteuse este mércores na primeira gañadora do Pantín Classic- ABANCA Galicia Surf Pro, despois de conseguir o título de campioa do QS/10,000 feminino que se está disputando na praia de Pantín (Valdoviño).
Este resultado, permítelle á nipoa ascender até a oitava praza da táboa clasificatoria dentro do QS, tras comezar a competición desde o posto 56. Sen dúbida, unha xusta recompensa a unha excelente traxectoria durante toda a proba galega.
A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, participou esta tarde, xunto a outras autoridades coma o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, na entrega de galardóns ás gañadoras da proba.
Tsuzuki impúxose á australiana Bronte Macaulay nunha final que controlou de principio a fin, sabendo xestionar as prioridades e sacando o seu mellor surf, para acabar cun tenteador de 12,17 - 8,44.
Ambas competidoras tiveron unha traxectoria paralela ao longo de toda a proba, posto que comezaron desde a rolda 1 e han ir demostrando o porqué da súa presenza na final.

Páxinas suxeridas