Estás en:Novas

A Deputación da Coruña organiza obradoiros de Jorge Represa e Ana Palacios na programación do premio Ksado de fotografía

Celebraranse os días 14 e 15 de outubro no paraninfo da Universidade da Coruña

A Deputación da Coruña organiza obradoiros de Jorge Represa e Ana Palacios na programación do premio Ksado de fotografía

Dous grandes nomes da fotografía contemporánea, Jorge Represa e Ana Palacios, impartirán dous obradoiros no marco da programación organizada arredor do Premio Luís Ksado de Fotografía que organiza a área de Cultura da Deputación da Coruña. As actividades realizaranse os días 14 e 15 de outubro.

A resolución da XIV edición do Premio Ksado de Fotografía da Deputación da Coruña virá este ano acompañada de dúas actividades de dúas das grandes figuras da fotografía actual que impartirán dous obradoiros, de carácter gratuíto, no paraninfo da Universidade da Coruña. Ademais, como en edicións anteriores, entregarase o premio de fotografía histórica.

O día 14 de outubro o fotógrafo Jorge Represa será protagonista da primeira xornada dos obradoiros con dúas sesións que van de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Especialista en retrato, Jorge Represa (Valladolid, 1968) colabora con publicacións como Vogue, Elle, Woman,Rolling Stone Magazine, the American edition of Interview, The European, Independent Magazine, El País, El Mundo, Psicologies and Matador.... De formación autodidacta, despois dunha primeira etapa iniciou por volta de 2004 un traballo persoal que o levou a crear a súa propia escola de fotografía, La Recámara en Santander. ( www.jorgerepresa.com).

Pola súa parte, a fotodocumentalista Ana Palacios impartirá o seu obradoiro o día 15 de outubro de 17 a 20 horas, o mesmo día que está prevista a reunión do xurado para o fallo da nova edición do premio de fotografía. Colaboradora de Manos Unidas, Africa Directo, UNICEF,Al Jazeera, Stern, Der Spiegel, The Guardian, New Internationalist, Daily Mail, Terra Mater, 6 Mois, Days Japan, XL Semanal, Papel, El País, Ana Palacios publicou tres libros sobre os seus principais traballos, entre os que o de nenos albinos en Tanzania foi o de maior repercusión pública. Ademais, é autora de "Art in Movement" 9 arredor da arte como mecanismo para o cambio en Uganda e "Niños esclavos. La preta de atrás", sobre os nenos vítimas de trata en África Occidental. (www.ana-palacios.com)

Inscricións enviando un correo que inclúa nome, apelido, enderezo, profesión, teléfono de contacto, dni e o nome do obradoiro no que quere participar a: info@premiosdeputacion.org

Páxinas suxeridas