Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación inviste 432.000 de euros en obras de pavimentación e mellora de camiños e núcleos rurais en Outes

Concello de Outes publicou a licitación de sete obras do POS+2019, por importe de 953.276,63 euros, entre as que figuran a pavimentación de numerosos núcleos e camiños municipais

O Plan Único da Deputación inviste 432.000 de euros en obras de pavimentación e mellora de camiños e núcleos rurais en Outes

O Concello de Outes vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado os anuncios de licitación de sete das dez obras que serán financiadas este ano polo Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña no municipio.

As obras, que suman un investimento de 431.983,88 euros, achegados ao 100% pola Deputación da Coruña, contribuirán a renovar numerosas infraestruturas municipais e inclúen a pavimentación de numerosos núcleos, camiños, pistas e estradas municipais,.

En concreto, as obras permitirán pavimentar o núcleo de Cambeiro de Arriba (73.760,410 euros) e os accesos de Lourido (71,379 €), Oroña -San Ourente (71.598 euros) e Vilariño- O Freixo (49.932 euros).

Tamén se acometerá a mellora dos camiños e estradas municipais da gasolineira ao Pesco (Entíns), de Broña á perruquería (San Cosme) e de Vilardigo (Cando), cun investimento total de máis de 160.000 euros.

A estes investimentos, en fase de licitación, súmanse outros de mellora no Camiño da Costa da Mina, camiño da Marquesiña e acceso a Buiste que suman 159.000 euros e que veñen de ser aprobados dentro dos fondos adicionais do POS+2019.