Estás en:Novas

A Deputación investirá 57.600 euros na primeira fase das obras de reordenación do entorno co Campo da Feira e a praza Europa de Cambre

Valentín González Formoso e Óscar García Patiño asinaron hoxe dous convenios de colaboración polos que a Deputación cofinanciará os traballos de mellora da accesibilidade e posta en valor a contorna da Igrexa de Santa María

A Deputación investirá 57.600 euros na primeira fase das obras de reordenación do entorno co Campo da Feira e a praza Europa de Cambre

A Deputación da Coruña cofinanciará a primeira fase das obras de reordenación da contorna do Campo da Feira e a praza Europa de Cambre.

A colaboración económica da Deputación, que suma 57.600 euros dun total de preto de 88.000 €, articulase a través de dous convenios de colaboración aprobados no pleno do pasado mes de setembro, que hoxe asinaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño.

As obras pretenden mellorar a accesibilidade e mobilidade peonil, así como pór en valor a contorna da Igrexa de Santa María de Cambre e o cruceiro. Trátase dunha primeira fase dun proxecto máis ambicioso, que busca actuar en toda zona, que conta cun elevado valor patrimonial, pois nel se integra a igrexa, unha das mostras da arquitectura románica mellor conservadas de Galicia; separada do campo da feira pola estrada da Estación (DP-1702), que rexistra un paso constante de vehículos.

A primeira fase dos traballos afectarán a un espazo de 556,72 m2 mediante un tratamento de superficie que permita un espazo plano (con pendentes inferiores ao 5%) na contorna do cruceiro, así coma unha plataforma que comunique este espazo co campo da feira.

Tomando como referencia a aliñación da Igrexa e a Casa Consistorial, defínense uns eixos de pavimentación que marcan a importancia da edificacións e a súa visibilidade. Así mesmo, trasladaranse as sinais non acordes co entorno e un camelio existente na zona e instalarase un banco corrido con función de muro e banco e novas pezas de mobiliario urbano. Para unha fase posterior prevese a incorporación de máis árbores.

Tamén se levará acabo o tratamento dun sector do espazo interior da praza Europa, que se atopa en malas condicións, deixando para a unha segunda fase a renovación total desta infraestrutura.

No entorno do Campo da Feira darase continuidade ao pavimento de formigón existente para mellorar a súa accesibilidade e executarase unha zona de espazo libre na finca anexa.

Páxinas suxeridas