Estás en:Novas

A Deputación financia con 200.000 euros a programación cultural do Auditorio de Galicia

O presidente da Deputación e o director do Auditorio asinaron hoxe o convenio de colaboración anual

A Deputación financia con 200.000 euros a programación cultural do Auditorio de Galicia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López González, asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a institución provincial destina 200.000 euros para financiar a programación cultural do recinto durante 2019. Ao acto asistiu tamén o deputado responsable da área de Cultura da institución provincial, Xurxo Couto.

González Formoso destacou a gran labor cultural que desenvolve o Auditorio cunha ampla programación de concertos, actividades didácticas e culturais e exposicións para todos os públicos, que ten unha importante difusión alén do propio termo municipal de Santiago de Compostela.

Pola súa banda, o director do Auditorio agradeceu a colaboración económica da Deputación para facer posible unha programación cultural atractiva, diversa e de calidade.

Entre as actividades desenvolvidas este ano que contan co apoio económico da Deputación están os 24 concertos de música clásica deseñados por Paul Daniel baixo o título "Arquipélago de Sons", as xornadas de música contemporánea; o festival WOS, unha proposta vangardista que inclúe disciplinas tan diversas coma a música, as artes visuais, cine, artes escénicas e conferencias, a gala aRi(t)mar, as xornadas de ilustración urbana e de patrimonio invisible, ou a gala do 30 aniversario do Auditorio de Galicia.

Páxinas suxeridas