Estás en:Novas

A FAEPAC asesorará ao Concello de Valdoviño en materia enerxética para reducir o seu gasto e mellorar a calidade ambiental

Valentín González Formoso, presidente da FAEPAC, e Alberto González Fernández, alcalde de Valdoviño, asinaron un convenio que busca fomentar a eficiencia enerxética do municipio.

A Fundación analizará as instalacións municipais e formará ao persoal do Concello no ámbito enerxético

A FAEPAC asesorará ao Concello de Valdoviño en materia enerxética para reducir o seu gasto e mellorar a calidade ambiental

O Concello de Valdoviño será asesorado pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) en materia enerxética. O presidente da FAEPAC, Valentín González Formoso, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, asinaron un convenio que pretende reducir o consumo enerxético e a contaminación ambiental do municipio a través de diferentes accións que impulsen o uso racional da enerxía e as fontes renovables.

Para conseguir estes obxectivos, a FAEPAC analizará as instalacións municipais, formará ao persoal do Concello en materia enerxética e informará sobre as novas nas tarifas ou na lexislación, así como as diferentes axudas enerxéticas ás que o municipio pode optar. En paralelo, levarase a cabo un seguimento enerxético dos servizos de carácter público.

Con estas accións, a FAEPAC pretende mellorar a calidade ambiental do concello, poñéndoo en coñecemento do seu gasto eléctrico e aportándolle a información precisa para reducilo.

Páxinas suxeridas