Estás en:Novas

A banda de San Sandurniño Sandford Music Factory gaña o VII Concurso de Rock Deputación da Coruña

A banda de San Sandurniño Sandford Music Factory gaña o VII Concurso de Rock Deputación da Coruña

A banda Sandford Music Factory, de San Sadurniño, foi a gañadora da edición 2015 do concurso de Rock “Deputación da Coruña”, celebrada onte á noite na sala O Túnel do Coliseum da Coruña.

O xurado, composto por Nonito Pereira, Fernando Molezún e Fernando Sampedro, e presidido sen voto polo deputado responsable da área de Cultura, Xosé Regueira, destacou o resultado da súa execución no concerto de onte, así como a súa “intencionalidade” e “potencial artístico dentro do panorama do rock en Galicia”. Os gañadores desta edición do concurso, no que participaron un total de 54 grupos de rock de toda a provincia, recibirán 3.000 euros de premio.

A segunda clasificada foi a banda Pölisong de Mugardos, seguida dos coruñeses True Mountains, os composteláns Birlibirlocke e a banda de Cambre Strikeback, que conformaban os cinco grupos finalistas desta edición do certame.

A banda de San Sadurniño súmase así a nómina de gañadores do concurso de rock provincial, que chegou este ano á súa sétima edición, e na que figuran, entre outros, Ruta 77, Familia Caamagno, Pulsar e Sweet Oblivion Band.

Páxinas suxeridas