Estás en:Novas

O Pazo de Arenaza acolle este martes unha nova xornada do Digital Transformation Day

Os relatores afondarán na transformación dixital e a industria 4.0

O Pazo de Arenaza acolle este martes unha nova xornada do Digital Transformation Day

O centro de coworking do Pazo de Arenaza acollerá mañá martes, 22 de outubro, en horario de 9:30h a 15.00h., unha nova edición do Digital Transformation Day. Este evento, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), enmárcase dentro dos Tech Days de Arenaza.
Durante esta xornada tres relatores afondarán na transformación dixital, as tecnoloxías implicadas e o funcionamento da industria 4.0, analizando como mellorar a eficiencia dos procesos e os beneficios que supón para as empresas. Entre outros temas tratarase o papel do ser humano na transformación dixital e a cadea de valor 4.0, a evolución en contraposición á disrupción e os xemelgos dixitais.
Este evento gratuíto está aberto a todas aquelas persoas interesadas, podendo conseguir a súa entrada na páxina do web Pazo de Arenaza: https://arenaza.pel.gal/gl/events/view/1171265095/tech-days----digital-transformation-day
O programa da xornada é o seguinte:
• 09:30 - O humano na transformación dixital, por Pablo Pérez Vázquez
Director de Xestión no ICOIIG. Enxeñeiro Industrial na rama de Organización, conta con experiencia na xestión comercial, o project management e a dirección estratéxica, especializándose na negociación e a xestión.
• 10:30 - Cadea de valor 4.0, por Marcelo Toural
CEO en Krack Zapaterías. Enxeñeiro Industrial con máis de dezasete anos de experiencia, está especializado en Supply Chain e Business Process Improvement. Ademais, foi profesor na Universitat Oberta de Catalunya e colaborou con diversas compañías.
• 11:30 – Café
• 12:00 - Evolución vs. Disrupción, por Daniel Prieto Renda
CEO en Soltec. Doutor en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e Director Xeral de Soltec Ingenieros, conta cunha gran experiencia no mundo da enxeñería. Actualmente exerce de presidente na Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO).
• 13:00 - Xemelgos Dixitais, por Daniel Prieto Renda
CEO en Soltec. Doutor en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e Director Xeral de Soltec Ingenieros, conta cunha gran experiencia no mundo da enxeñería. Actualmente exerce de presidente na Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO).
• 14:00 - Petiscos, viño e networking

O Coworking Arenaza forma parte de Rede Provincial de espazos de traballo posta en marcha pola Deputación Provincial da Coruña no marco do Plan de emprego local (PEL). O proceso para a presentación de solicitudes de acceso ao espazo encóntrase permanentemente aberto e as instrucións de acceso poden ser consultadas na web www.arenaza.pel.gal.
Se quere recibir máis información sobre o Pazo de Arenaza ou sobre o evento Digital Transformation Day pode solicitala tanto por correo electrónico dirixíndose ao enderezo arenaza@pel.gal ou directamente chamando ao espazo de coworking, teléfono 881 022 544.