Estás en:Novas

Valentín González e Xosé Regueira reciben na Deputación ao comité de empresa de Reganosa

Valentín González e Xosé Regueira reciben na Deputación ao comité de empresa de Reganosa

Valentín González e Xosé Regueira reciben na Deputación ao comité de empresa de Reganosa

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira, recibiron esta mañá na sede da institución provincial ao comité de empresa de Reganosa, presidido por Emilio López, que explicaron o funcionamento da instalación e a situación que atravesa.

Os representantes do comité de Reganosa agradeceron ao goberno provincial "que nos teñan recibido para mostrarlles o noso punto de vista como empresa e como colectivo de traballadores".

"En Reganosa somos uns 130 traballadores directos e preto de 200 indirectos e agradecemos que nos recibiran hoxe para trasladarlles o noso punto de vista debido aos continuos ataques que se fan contra a actividade da empresa, que consideramos desproporcionados e nalgún caso absolutamente falsos", afirmou o secretario do comité, Manuel Ramos, que defendeu a "profesionalidade" do cadro de persoal e "a continuidade dunha instalación que consideramos moi importante para o futuro de Galicia".

Pola súa banda, Valentín González e Xosé Regueira coincidiron en sinalar a súa "preocupación polo futuro industrial da provincia", tras as numerosas reunións mantidas nos últimos meses cos cadros de persoal de distintas empresas que están ameazadas de peche. Empresas coma Ferroatlántica, Alcoa, Endesa As Pontes ou a propia Reganosa que debuxan un panorama crítico no sector, ante o que é necesario contar "cunha estratexia clara a prol da industria que nos permita manter o emprego".