Estás en:Novas

O Plan Único inviste preto de 122.000 € na instalación de alumeado LED en diversos núcleos rurais do Pino

As obras veñen de saír a licitación e permitirán mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo ata un 90%

Instalaranse un total de 260 novos puntos de luz nos núcleos de Casal, Cebreiro e Cabo, entre outros

O Plan Único inviste preto de 122.000 € na instalación de alumeado LED en diversos núcleos rurais do Pino

O Concello do Pino vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación de dúas obras de renovación do alumeado público en diversos núcleos rurais da localidade.

Os dous proxectos suman cun investimento total de 121.894 euros que serán financiados integramente polo Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña e suporán a substitución do actual sistema de alumeado (con lámpadas de vapor de sodio ou mercurio) por novas luminarias LED, que reducen ata nun 90% o consumo de enerxía e melloran a calidade luminosa, incrementando a seguridade tanto viaria como peonil.

O proxecto inclúe a substitución de 260 puntos de luz en lugares coma Casal-Cebreiro, O Castelo, Cebreiro, Quintas, Santa Irene, Cerceda, Salceda, Cabo, Castro, Brea ou A Rabaiña, entre outros.

Tamén se substituirán 28 cadros eléctricos, instalando novos sistemas de protección para sobretensións e toma de terra e reloxo astronómico naqueles cadros que non o teñan.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 19 de novembro.

Páxinas suxeridas