Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación financia a construción dun parque nas Basoñas (Porto do Son)

As obras suporán un investimento de 106.303 euros, dos que 89.439 serán achegados pola Deputación

A instalación contará con xogos, columpios e aparellos biosaudables

O Plan Único da Deputación financia a construción dun parque nas Basoñas (Porto do Son)

O Concello de Porto do Son vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación das obras de construción dun parque nas Basoñas.

As obras suporán un investimento de 106.303 euros, dos que 89.439 € serán achegados pola Deputación da Coruña a través do Plan Único (POS+2019) e os 14.864 € restantes con fondos propios do municipio.

As obras executaranse nunha parcela baleira existente en Agro da Canle, onde se instalarán novos pavimentos en dous niveles conectados por unha rampla e escaleiras de granito e céspede sintético con base amortecedora nas áreas de xogos infantís.

Instalaranse novos xogos, columpios, aparellos biosaudables para a práctica de actividade física dos maiores, así como puntos de luz con luminarias led e plantaranse bidueiros, carballos americanos e céspede no entorno, adecuando tamén os camiños de acceso ao parque con lousas rectangulares de granito silvestre.

Beirarrúa en Miñortos

Tamén se publicou a licitación das obras de construción dunha beirarrúa en Miñortos, cofinanciada polo Plan Único cun investimento de 92.400 euros, que conectará a estrada AC-550 co núcleo sonense de Amoreira, onde non existe actualmente un itinerario seguro para a circulación de peóns.