Estás en:Novas

A Deputación da Coruña mostra a súa acción cultural esta fin de semana no Culturgal

A Deputación da Coruña mostra a súa acción cultural esta fin de semana no Culturgal

Coa inauguración oficial do Culturgal que se desenvolve do venres 29 de novembro ao domingo 1 de decembro en Pontevedra abriuse tamén a exposición e o stand que a área de Cultura da Deputación da Coruña instalou na Feira das Industrias Culturais. Xunto coa mostra das obras gañadoras e finalistas do Premio Ksado, a Deputación programa obradoiros de banda deseñada e robótica, presentacións de libros e o primeiro concerto dos gañadores do Concurso Quero Cantar de música infantil e xuvenil.

O primeiro concerto de Isma Kalo e a banda de Caión "A música das baleas" co tema " despois do pasado domingo gañar a cuarta edición do Quero Cantar será este domingo día 1 de decembro no programa oficial do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais na que, un ano máis, a área de Cultura da Deputación da Coruña mostra a súa acción cultural e difunde as obras gañadoras nas últimas edicións dos seus premios.

Neste sentido, abriuse tamén nesta mañá do venres a exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica no marco da inauguración da Feira en que participaron representantes das institucións organizadoras e colaboradoras. Na exposición interviu o deputado de Cultura, Xurxo Couto, que destacou o apoio da Deputación da Coruña á creación cultural cun amplo abano de iniciativas entre as que destacan os premios culturais. Do Ksado falou Xurxo Souto como un premio consolidado que recoñece historias contadas a través de imaxes. Desta volta, a obra de Alejandro Real "Fillos de Breogán" e de Javier Arcenillas "Gangborder" foron as gañadoras da última edición e protagonizan a mostra do Culturgal xunto coa obra de Calrús, Juan Medina, Fuco Reyes e Rosa Taboada.

Os premios, neste caso literarios, serán os protagonistas do programa do Culturgal no Espazo Libro o sábado ás 18.45 horas coa presentación da obra gañadora do Raíña Lupa da Literatura Infantil coa autora An Alfaya e a súa obra "O Grupo" e o González Garcés de poesía con Eli Ríos e a súa obra "Ningunha tortilla é mala".

Tamén a Biblioteca Provincial da Deputación presentará no Culturgal ás 11:00 horas os seus servizos dixitais e ás 20:00 realizarán un sorteo dun soporte electrónico (e-reader) entre as persoas asistentes que se deron de alta ese día no servizo de lectura dixital da biblioteca.

O programa da Deputación no Culturgal completarase coa oferta para nenos e nenas co obradoiro de banda deseñada impartido por Oliver Añón, gañadora do Premio Castelao,, un obradoiro de robótica sobre "A filla do minotauro" e unha clase aberta de movemento, ritmo e creación do Conservatorio profesional de Danza da Deputación da Coruña.

PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO CULTURGAL

VENRES:

11H15 Inauguración Exposición XIV Premio "LUIS KSADO" de creación fotográfica. cos traballos dos gañadores da última edición: Alejandro Real e Javier Arnecillas. Aberta durante toda a feira. SÁBADO

11h00 Presentación do CLUB de LECTURA Dixital da Biblioteca da Deputación da Coruña - Espazo Foro

18h45 Presentación PREMIOS RAÍÑA LUPA da Literatura Infantil coa autora An Alfaya e a súa obra "O Grupo"; e GONZALEZ GARCÉS de poesía con Eli Ríos e coa obra "Ningunha tortilla é mala" - Espazo LIbro

DOMINGO

11.30 Quero Cantar. Concerto coas gañadoras da IV edición do QUERO CANTAR: ISMA KALO, gañadora da categoría xuvenil; A MÚSICA DAS BALEAS DE CAIÓN, gañadores da categoría infantil - Espazo Carpa

12h00 "A caída de Ícaro". Clase aberta de movemento, ritmo e creación. Conservatorio profesional de Danza da Deputación da Coruña. Nenxs de 6 8 anos. Espazo Infantil

SABADO E DOMINGO

Obradoiro de Banda Deseñada impartido por OLIVER AÑÓN - Premio "Castelao" 2018. Nenxs de 5 a 13 anos. Espazo gastro & Stand deputación -

Obradoiro de Robótica "A filla do Minotauro". Nenxs de 5 a 13 anos. Espazo Gastro. Gabinete de Prensa Deputación da Coruña

Páxinas suxeridas