Estás en:Novas

A Deputación apoia con 1 millón de euros os clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

Un total de 106 clubs coruñeses que participan en competicións do máis alto nivel en todas as especialidades deportivas reciben apoio económico da Deputación

A deputada responsable de Deportes, Cristina Capelán, destacou a "importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte galego e nacional"

A Deputación apoia con 1 millón de euros os clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

A Deputación da Coruña destina 1.005.549,25 euros a apoiar os clubs deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

A resolución provisional deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 106 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balonmán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hóquei, ximnasia, judo, takewondo...) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel. Outras trece axudas están condicionadas á achega de documentación complementaria.

As subvencións oscilan entre os máis de 100.000 euros que perciben o Club Basket Coruña ou o Club Universitario de Ferrol, con maior número de socios, até os preto de 2.000 das entidades máis pequenas coma a Agrupación Judo Ferrolterra ou a Peña Ciclista Monte Xalo.

A deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán, destacou a "importante contribución deste programa para apoiar os principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte galego e nacional".

As subvencións poden consultarse no BOP de hoxe https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/12/10/2019_0000009873.html

Páxinas suxeridas