Estás en:Novas

A Deputación apoia con 30.000 euros a feira Alfaroleiros

Valentín González Formoso e Ángel García Seoane asinaron o convenio que articula a colaboración da Deputación coa feira de olería tradicional oleirense que cada verán se celebra en Santa Cruz

A Deputación apoia con 30.000 euros a feira Alfaroleiros

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asinaron o convenio que articula a colaboración económica da institución provincial coa feira de olería tradicional Alfaroleiros, que cada mes de agosto se celebra en Santa Cruz (Oleiros).

A Deputación apoia Alfaroleiros con 30.000 euros, un 80% do orzamento total do evento que ascende a 37.500 euros e que, ademáis da propia feira conta con actividades culturais paralelas coma concertos ou proxeccións cinematográficas.

Alafaroleiros iniciou a súa andaina en 1995 e dende entón reúne cada verán no parque Luis Seoane de Santa Cruz a artesáns chegados de diferentes puntos da xeografía española, selccionados pola calidade das súas obras, que durante cinco días amosan ao público os seus traballos. Ao remate da feira, cada un dos artesáns cede unha peza ao Museo Alfar de Oleiros, que nestes anos incrementou os seus fondos en 565 obras de todos os lugares de España, completando así unha das mellores coleccións de olería tradicional do país.

Ademáis de dar a coñecer a produción dos mellores oleiros do país, a feira ofrece a posibilidade de ver artesanía en vivo, programando diversas exhibicións e complétase cunha ampla axenda cultural que inclúe concertos, teatro, xogos tradicionais, que atraen cada ano a miles de persoas.