Estás en:Novas

Cen nenos e nenas da Costa de Morte e Barbanza inauguraron a Campaña de Esquí 2020 da Deputación

Nenos e nenas de Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas iniciáronse esta fin de semana en Cabeza de Manzaneda na práctica do esquí

Cen nenos e nenas da Costa de Morte e Barbanza inauguraron a Campaña de Esquí 2020 da Deputación

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas gozaron esta fin de semana en Cabeza de Manzaneda (Ourense) da primeira expedición á neve da Campaña de Esquí 2020, organizada pola Área de Deportes da Deputación da Coruña.

Durante estes días, os escolares tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

500 nenos da provincia aprenden a esquiar coa Deputación

A deputada responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Cristina Capelán, destacou que este ano a Deputación achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses.

"O obxectivo é achegar a práctica do esquí aos máis novos e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia", sinalou Cristina Capelán, que lembrou que a próxima expedición partirá este venres, 31 de xaneiro, con outros 100 rapaces dos concellos da comarca de Santiago de Compostela.

Páxinas suxeridas