Estás en:Novas

II Gala Solidaria de Danza A.I.R.E

II Gala Solidaria de Danza A.I.R.E

A "Gala solidaria de danza" celebrarase o próximo día 8 de febreiro de 2020, ás 20:00 h. no Centro Ágora da Coruña. A finalidade do evento é recadar fondos para continuar o noso labor de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria a persoas refuxiadas a través dos nosos proxectos de Grecia e Sahara.

Para este evento contamos coa colaboración voluntaria e gratuíta de 5 centros de formación (Conservatorio Profesional de danza de Lugo, Artestudio Xestión Cultural, Conservatorio Profesional de danza da Deputación da Coruña, Mundo danza Jesús Quiroga e Escola Municipal de Danza de Oleiros ) e unha bailarina independente Raquel Piñeiro.

Tanto as instalacións como o persoal técnico son cedidos @gratuitamente polo Concello de ACoruña.

As entradas que teñen un prezo de 6 € e poñeranse á venda en Evenbritte uns días antes do evento e tamén poderán adquirirse o mesmo día 8 desde unha hora antes nos despachos de billetes do propio recinto do Ágora.

Páxinas suxeridas