Estás en:Novas

Cen nenos e nenas da comarca de Compostela participaron en Manzaneda na Campaña de Esquí da Deputación

Nenos e nenas de Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia , Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra iniciáronse a pasada fin de semana en Cabeza de Manzaneda na práctica do esquí

Recibiron a visita da deputada de Deportes, Cristina Capelán

Cen nenos e nenas da comarca de Compostela participaron en Manzaneda na Campaña de Esquí  da Deputación

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia , Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra gozaron a pasada fin de semana en Cabeza de Manzaneda (Ourense) da segunda expedición á neve da Campaña de Esquí 2020, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Durante estes días, os escolares tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

Visita da deputada de Deportes

A deputada responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Cristina Capelán, visitou Cabeza de Manzaneda, onde saudou aos escolares dos concellos participantes, entre os que se incluía o de Cerceda, municipio onde é concelleira.

Capelán coñeceu de primeira man as actividades que se desenvolven durante os tres días que os nenos e nenas permanecen en Cabeza de Manzaneda destacou que este ano a Deputación achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses.

A próxima expedición partirá este venres, 7 de febreiro, con outros 100 rapaces dos concellos das comarcas da Coruña e Bergantiños

Páxinas suxeridas