Estás en:Novas

A Deputación da Coruña chama a sumar forzas contra a violencia machista

Membros do goberno e persoal da institución manifestan a súa repulsa contra o crime de Lugo

A Deputación da Coruña chama a sumar forzas contra a violencia machista

Cun minuto de silencio na entrada da sede da institución, o goberno e persoal da Deputación da Coruña quixeron mostrar a súa repulsa diante do asasinato machista de Clara María Expósito Vilanova ao tempo que fixeron un chamamento para sumar forzas para poñer fin á violencia contra as mulleres.

Membros do goberno, entre os que se atopaban o presidente e vicepresidente Valentín González Formoso e Xosé Regueira, e persoal da Deputación da Coruña mostraron esta mañá diante da sede da institución o seu rexeitamento a un novo crime machista, acontecido desta volta en Lugo que é o segundo que se produce en territorio galego no que vai de ano.

Ademais, desde a Deputación da Coruña manifestaron a vontade de sumar forzas con outras institucións, con entidades e coa sociedade en xeral co fin de poñer fin a unha violencia machista que continúa a asasinar mulleres como aconteceu no caso de Clara María Expósito Vilanova.

De maneira especial, desde a Deputación da Coruña ponse o foco na necesidade de promover a formación en igualdade co fin de que as novas xeracións desterren o machismo, raíz da violencia, e constrúan unha sociedade sen sexismos nin discriminacións.